
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para participar na V Festa da Cervexa
23/09/2025
Verín acolle a estrea en Galicia do novo documental de Mabel Lozano no XXI Foro da Igualdade de FEMURO
26/09/2025Verín, 24 de setembro de 2025.
- O alcalde de Verín reitera a súa absoluta inocencia no caso do camiño de Queirugás, e anuncia que recorrerá nos tribunais “ata que prevaleza a verdade: as obras de emerxencia tiñan amparo legal”
- “Celebro enormemente a sentenza absolutoria do delito de prevaricación, obviamente absolutamente inexistente -como recoñece a propia sentenza absolutoria- e que contaba cunha petición de pena da Fiscalía cuxa desproporción evidencia o erróneo da estimación sobre as actuacións urbanísticas.
- Igualmente, o delito contra a Ordenación do Territorio que se atribúe a este alcalde tampouco existe, como demostraremos na próxima instancia: un delito contra a ordenación do territorio so se pode cometer por actuacións non legalizables, e no caso da contorna da rúa da Igrexa de Queirugás non só era legalizable, senón que conta ca autorización emitida por Patrimonio, donde se fai referencia a que se autorizan as actuacións na contorna da Igrexa Parroquial específicamente (ver anexo).
- O alcalde acata e manifesta o seu respecto pola Xustiza, pero a continuación avanza as 10 razóns polas que “pelexará ata a última instancia” para que se recoñeza a legalidade absoluta da intervención de urxencia no talude norte da rúa da Igrexa de San Bartolomeu (Catalogada coa referencia A_198), como se demostra na resolución da Dirección Xeral de Patrimonio de data 27-11-2024, donde se autorizan as obras que a propia resolución enumera específicamente . “Non era só totalmente legal, era urxente e necesario, e estaba amparado por a lei”. “Considérome absolutamente inocente, e confío plenamente na Xustiza, por iso continuaremos coas actuacións xurídicas necesarias, xa que en primeira instancia fomos absoltos, en nesta segunda ocasión só queda este punto por aclarar.
DECÁLOGO
1 – A obra de emerxencia realizada para sanear un talude en ruína e a retirada dos escombros, así como repoñer o pavimento que se danou pola acción das máquinas eran totalmente legais e ademais necesarias e urxentes , para garantir a seguridade e a mobilidade dos veciños de Queirugás, nun contorno tan transitado como é a igrexa.
A continuación, pódese ler o extracto da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio que autoriza as obras (ver documento COMPLETO asinado dixitalmente no anexo, no que se indica expresamente que afecta á contorna da Igrexa de San Bartolomeu):

punto 1, tal actuación non requería autorización, ao encontrarse comprendida nos supostos aos que se refire a Instrución de 8 de noviembre de 2017 relativa al trámite de autorizaciones en materia de patrimonio cultural, en los bienes inmuebles catalogados y declarados de interés cultural, en su contorno de protección y sus zonas de amortiguamiento, que se reproduce a continuación:
INSTRUCIÓN DO 8 DE NOVIEMBRE DE 2017:
a.- Instrución de 8 de noviembre de 2017 relativa al trámite de autorizaciones en materia de patrimonio cultural, en los bienes inmuebles catalogados y declarados de interés cultural, en su contorno de protección y sus zonas de amortiguamiento.
Cuarto. Actuaciones en los contornos de protección de los bienes inmuebles protegidos por su valor cultural que no precisan de autorización previa en materia de patrimonio cultural.
- Tomando en consideración que el contorno de protección de un bien no resulta de por sí un bien protegido, sino que tiene tal consideración en función de los valores culturales del bien que se protege, medida con la que se procuran mantener las condiciones de integración en el territorio que el circunda, y a la vista de lo establecido en el artículo 45.2 de la Ley 5/2016, de 4 de mayo, es necesario interpretar que las intervenciones propuestas en los contornos de protección que no tengan efectos sobre las condiciones de apreciación ni perturben al sentido del bien protegido en su ambiente no precisan de autorización previa en materia de protección del patrimonio cultural.
3 – Absoluta indefensión deste alcalde, no sentido de que calqueira actuación desde tipo ten qiue basearse nun expediente administrativo formal, que tiña que abrir a Consellería, e dentro dese expediente ver se procedía a reposición da legalidade e o expediente sancionador correspondente. Unha vez abertos estes dos (que nin sequera se iniciaron) entraríamos na discusión de si as obras son legalizables ou non.
4 – Precisamente, todos os cidadáns de Verín saben que a ordenación do territorio na nosa vila mellorou notablemente desde a entrada deste Goberno, con actuacións moi importantes que supuxeron un cambio significativo na vila: cabe enumerar as contornas das igrexas de Feces, de Ábedes, de Cabreiroá, así como as grandes zonas verdes (máis de 20 hectáreas) que como Fontenova e a Preguiza téñense incorporado ao patrimonio público.
5- Cabe recordar que un contorno dun ben patrimonial non é en sí un ben protexido, según a Lei de Patrimonio.
6- Adecuación da contorna da igrexa de Queirugás realizouse dun xeito totalmente axustado a dereito, conforme a toda a normativa esixible e respondendo ao interese veciñal e de protección do inmoble.
7- As actuacións realizadas para a adecuación do camiño fronte a igrexa de Queirugás non só foron e totalmente legais, senón que contan co recoñecemento expreso de tal legalidade e están avaladas por un proxecto técnico.
8- A urxencia veu determinada por un inverno moi duro no que unas intensas choivas degradaron o talude e puxeron en risco a seguridade dos viandantes, o que determinou a realización o 19 de febreiro, destas obras .
9- As actuacións de mellora da contorna da Igrexa de Queirugás non alteraron en ningún modo ningún elemento patrimonial do ben protexido, e en todo momento estiveron reflexadas nun proxecto de recuperación do núcleo coa finalidade única de preservar os accesos e a contorna da igrexa, moi deteriorados polo paso do tempo, e que mesmo supuñan un perigo -muros do camiño derrubados- para o tránsito veciñal.
10- O núcleo de Queirugás, coma noutros do Concello de Verín, cunha poboación envellecida e moitas casas en ruínas, é unha realidade que temos que xestionar integralmente para a mellora no seu conxunto, en canto a servizos e dotacións, cousa que estamos a facer en prácticamente todos, na medida das nosas posiblidades e sempre pensando no benestar das nosas veciñas e veciños.
Ante todo o anterior, e coa convicción e confianza plena que este alcalde ten na Xustiza, anuncio que defenderei estes argumentos en interese do beneficio público e da verdade, e manteño a TOTAL CONFIANZA en que así será recoñecido.
Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín.
Anéxase a resoluciónda dirección xeral de patrimonio cultural sobre o citado proxecto de urbanización do tramo do vial local sito dentro do ámbito do solo do núcleo rural na par oquia de Queirugás situación: Queirugás. Verín



