
Devolución do saldo das pulseiras da XIX Feira do Viño de Monterrei
13/08/2026O Concello de Verín vén de publicar un bando municipal no que solicita a colaboración de toda a veciñanza para realizar un consumo racional e responsable da auga, especialmente durante estes días de altas temperaturas.
O incremento das temperaturas e o aumento da poboación que se produce nesta época do ano provocan unha maior demanda e utilización dos recursos hídricos. Por este motivo, desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade colectiva e á adopción de hábitos que permitan evitar consumos innecesarios.
«A auga é un ben colectivo que hai que coidar», sinala o bando, que incide en que o compromiso e os pequenos xestos de cada persoa poden contribuír a evitar problemas de abastecemento e garantir un uso responsable dos recursos dispoñibles.
O Concello de Verín agradece de antemán a colaboración e responsabilidade da cidadanía e lembra que coidar a auga é unha obriga e unha responsabilidade compartida por todos e todas.




