
O Concello de Verín amplía as prazas do Obradoiro do Cigarrón ante a gran acollida desta nova edición
28/09/2026
- A cita reunirá doce postos de alimentación, entre eles catro foodtrucks, xunto cunha variada selección dunha vintena de cervexas nacionais e de importación, nun recinto amenizado con música ambiente.
- O recinto abrirá de 18:00 a 02:00 horas tanto o sábado como o domingo.
Verín, 01 de outubro de 2026. O Concello de Verín organiza a sexta edición da Festa da Cervexa, que reunirá os vindeiros días 10 e 11 de outubro no Parque da Preguiza unha ampla selección de bebidas e propostas gastronómicas. A iniciativa forma parte da programación de outono da vila e ofrecerá un espazo de lecer para a veciñanza e as persoas visitantes.
«Un dos atractivos deste evento é poder probar distintas cervexas e atopar no mesmo recinto unha oferta gastronómica para todos os gustos. Queremos que a xente veña con tempo, quede a compartir a tarde ou a noite cos amigos e goce da gastronomía e do ambiente da Preguiza»
Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras do Concello de Verín
Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación. Os postos cervexeiros situaranse no interior da carpa principal, mentres que os de alimentación se distribuirán en carpas compartidas anexas a mesma e en catro foodtrucks instaladas no exterior.
A oferta gastronómica, composta por doce postos, incluirá salchichas alemás bockwurst e currywurst, hamburguesas gourmet en pan brioche e de razas autóctonas, cachorros quentes, polbo a feira, churrasco, bocadillos, pizzas e opcións veganas. Tamén se poderán degustar xamón ibérico, chourizo, criollo e lacón asado, así como especialidades portuguesas —pregos, francesinhas e bifanas— e elaboracións mexicanas como tacos, quesadillas, burritos e totopos. O apartado doce completarase con churros, crepes e xeados de Bico de Xeado.
O horario de apertura será de 18:00 a 02:00 horas nas dúas xornadas. A música ambiente acompañará a actividade do recinto, creando unha contorna agradable para compartir a experiencia gastronómica.
Datos da Festa da Cervexa
- Datas Sábado 10 e domingo 11
- Horario De 18:00 a 02:00 h
- Lugar Parque da Preguiza
- Cervexas Máis dunha vintena
- Postos 12 de alimentación
- Foodtrucks 4 no exterior
- Ambiente Música ambiente
- Recinto Carpa principal e anexas
A oferta gastronómica
Doce postos repartidos entre as carpas anexas e os catro foodtrucks.
Salgado
- Bockwurst e currywurst
- Hamburguesas gourmet
- Cachorros quentes
- Polbo á feira
- Churrasco
- Bocadillos
- Pizzas
- Opcións veganas
Ibéricos e internacional
- Xamón ibérico
- Chourizo
- Criollo
- Lacón asado
- Pregos
- Francesinhas
- Bifanas
- Tacos
- Quesadillas
- Burritos
- Totopos
Doce
- Churros
- Crepes
- Xeados de Bico de Xeado


