
O FIC Vía XIV converte a Verín no epicentro do cinema con decenas de curtametraxes de máis de vinte países na súa décima edición
03/10/2026
- Xoguetería Kuqui, Chabela Regalos, Marise Salgado, UnoUno e Santiveri recibiron os galardóns nunha gala celebrada no Auditorio de Verín.
- A iniciativa, organizada por AEVER coa colaboración do Concello e co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través de Comercio Galego, contou cunha ampla representación municipal.
Verín, 5 de outubro de 2026. O Auditorio de Verín acolleu o pasado venres, 2 de outubro, a gala da primeira edición dos Premios ao Comercio de Verín, unha iniciativa do Centro Comercial Urbano AEVER para recoñecer o traballo dos establecementos locais e das persoas que os impulsan. O acto reuniu a mais e douscentos comerciantes, representantes do tecido asociativo, autoridades e veciñanza nunha xornada que combinou a entrega de galardóns presentado pola actriz galega Iria Sobrado con espectáculo e música en directo a cargo do grupo Mr Cool.
Os premios, concedidos tras a valoración dun xurado integrado por catro membros, distinguiron cinco ámbitos da actividade comercial. Xoguetería Kuqui recibiu o recoñecemento á Renovación ou Relevo Xeracional, categoría na que tamén foron finalistas Pato Joyeros e Modas San José.
O premio ao Compromiso coa Comunidade e Identidade Local recaeu en Chabela Regalos, que compartiu candidatura coa Clínica Veterinaria San Roque e Xamonería Antonio Martín. Na categoría de Novo Comercio, o establecemento galardoado foi Marise Salgado, xunto ás finalistas As Pescadeiras e Tatiana Estética Avanzada.
Pola súa banda, UnoUno obtivo o premio á Innovación Comercial de Proximidade, ao que tamén optaban Abeloura Boutique e Xamonería Antonio Martín. O recoñecemento á Mellor Comunicación Comercial de Proximidade foi para Santiveri, nunha categoría que completaron a Clínica Veterinaria San Roque e Coco Shoes.
O premio honorífico recaeu no histórico Almacenes Recaredo Romeo.
A gala contou cunha ampla representación municipal, encabezada polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, encargado de entregar o premio á innovación. Participaron tamén, entre outras autoridades, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro; o deputado provincial José María Lago; e o presidente do Inorde, Rosendo Luis Fernández, que entregaron os galardóns de relevo xeracional, compromiso coa comunidade e novo comercio, respectivamente.
Durante a súa intervención, Gabriel Alén recoñeceu o labor de AEVER e destacou o esforzo diario das persoas que están detrás do comercio de proximidade, así como a súa contribución á identidade de Verín e á actividade das súas rúas.
Con esta primeira edición, AEVER deu visibilidade a diferentes formas de contribuír ao futuro do sector: a continuidade dos negocios, a apertura de novos establecementos, a vinculación coa comunidade e a incorporación de novas ideas e ferramentas de comunicación.
A iniciativa contou coa colaboración do Concello de Verín e integrouse na campaña extraordinaria de AEVER cofinanciada pola Xunta de Galicia a través de Comercio Galego, unha das cinco seleccionadas na convocatoria de apoio aos centros comerciais abertos.
A gala en cifras
- Data Venres 2 de outubro
- Lugar Auditorio de Verín
- Asistencia Máis de 200 persoas
- Galardóns 5 categorías e 1 honorífico
- Presenta Iria Sobrado
- Música Mr Cool
- Xurado 4 membros
- Organiza AEVER
Palmarés da primeira edición
Establecementos galardoados en cada categoría e finalistas que optaban ao premio.
Renovación ou Relevo Xeracional
Xoguetería Kuqui
FinalistasPato Joyeros · Modas San José
Compromiso coa Comunidade e Identidade Local
Chabela Regalos
FinalistasClínica Veterinaria San Roque · Xamonería Antonio Martín
Novo Comercio
Marise Salgado
FinalistasAs Pescadeiras · Tatiana Estética Avanzada
Innovación Comercial de Proximidade
UnoUno
FinalistasAbeloura Boutique · Xamonería Antonio Martín
Mellor Comunicación Comercial de Proximidade
Santiveri
FinalistasClínica Veterinaria San Roque · Coco Shoes
Premio honorífico
Almacenes Recaredo Romeo
RecoñecementoAo histórico comercio da vila


