
FIC Vía XIV presenta a programación completa do seu décimo aniversario con actividades para todos os públicos
22/10/2026
- A axuda permitirá elaborar un inventario xeolocalizado dos contedores, analizar o funcionamento da recollida e estudar os custos reais do servizo.
- A actuación conta co financiamento da Xunta de Galicia e da Unión Europea, a través do programa Galicia FEDER 2021-2027, cun cofinanciamento europeo do 60 %.
Verín, 27 de outubro de 2026. O Concello de Verín recibiu unha axuda de 15.000 euros destinada á dixitalización e mellora da xestión dos residuos municipais. As actuacións, que se desenvolverán ao longo de 2026, permitirán dispoñer de información máis precisa para planificar a recollida e mellorar a eficiencia do servizo.
O proxecto inclúe a elaboración dun inventario xeolocalizado de todos os contedores e puntos de recollida do municipio. Esta ferramenta permitirá identificar a súa localización e distribución, facilitando a análise da cobertura do servizo e das necesidades existentes.
Tamén se estudará o funcionamento da recollida para detectar posibles situacións de saturación e identificar aspectos susceptibles de mellora. O obxectivo é contar cunha base de información que axude a adecuar os recursos ás necesidades do municipio e favoreza a separación dos residuos.
Outra das actuacións previstas será a análise dos custos reais de recollida e tratamento de cada tipo de residuo. Este estudo servirá de base para avanzar cara a unha taxa máis xusta e axustada ao custo efectivo do servizo.
A iniciativa está financiada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e pola Unión Europea, mediante o programa Galicia FEDER 2021-2027, cun cofinanciamento europeo do 60 %. Con este apoio, o Concello busca mellorar a planificación do servizo e avanzar cara a unha xestión municipal dos residuos máis sostible.
A axuda en cifras
- Importe da axuda 15.000 euros
- Cofinanciamento europeo 60 %
- Execución Ao longo de 2026
- Programa Galicia FEDER 2021-2027
- Entidade financiadora Xunta de Galicia e Unión Europea
- Obxecto Dixitalización e mellora da xestión dos residuos
As tres actuacións previstas
O proxecto desenvolverase ao longo de 2026 e abrangue tres liñas de traballo complementarias.
Inventario xeolocalizado
Elaboración dun inventario xeolocalizado de todos os contedores e puntos de recollida do municipio, para identificar a súa localización e distribución.
Análise da recollida
Estudo do funcionamento da recollida para detectar posibles situacións de saturación e identificar aspectos susceptibles de mellora.
Análise dos custos reais
Estudo dos custos reais de recollida e tratamento de cada tipo de residuo, como base para avanzar cara a unha taxa máis xusta.
Cartel informativo da axuda
Documento de publicidade da actuación cofinanciada pola Unión Europea.
Actuación financiada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e pola Unión Europea, mediante o programa Galicia FEDER 2021-2027, cun cofinanciamento europeo do 60 %.


