
Verín reunirá máis de 70 deportistas de España e Portugal na Copa de Sanda Vila de Verín
13/11/2026
- A carpa rexistrou unha gran afluencia durante os tres días de programación, nos que o público combinou os espectáculos de circo, maxia e música cos pasarrúas gratuítos e a celebración do magosto.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2026. Circo no Camiño pechou a súa primeira parada en Verín cun balance moi positivo e unha resposta extraordinaria por parte do público. Os tres días de programación completáronse cun cheo total na carpa, onde a maioría dos abonos se venderon de maneira anticipada e os últimos despacháronse directamente na billeteira instalada á entrada do recinto.
A proposta conseguiu reunir a numerosas familias e público de todas as idades arredor dunha programación que combinou circo, maxia, humor e música. Os espectáculos de Zirko Txosko, a Gran Gala Circo no Camiño, Uxía Lambona e a Banda Molona e Galerock’n’Magic, de Mago Teto, encheron a carpa de aplausos e gargalladas. A esta programación sumáronse os pasarrúas gratuítos de Troula, que levaron a animación polas rúas da vila e permitiron que máis persoas se achegasen á proposta, así como a conexión coa celebración do magosto da vila.
A pesar do mal tempo, as treguas da chuvia permitiron desenvolver todas as actividades previstas e o público puido gozar dunha fin de semana na que o circo saíu da carpa para encontrarse coa vida da vila. A organización destaca a boa acollida da iniciativa e agradece a participación e o entusiasmo do público de Verín, que respondeu de maneira masiva a esta primeira parada do proxecto.
Tras este exitoso comezo, Circo no Camiño continúa o seu percorrido por Galicia. A seguinte parada será Lalín, do 20 ao 22 de novembro, seguida de A Estrada, do 27 ao 29 de novembro, e de Santiago de Compostela, do 3 ao 6 de decembro. A experiencia de Verín confirma o interese que está a espertar esta proposta: os abonos para Santiago xa están esgotados, polo que animamos non agardar ata o último momento para conseguir os das próximas localidades.
Os abonos, que dan acceso aos catro espectáculos baixo a carpa durante a fin de semana, teñen un prezo de 10 euros por persoa. Os pasarrúas, pola súa banda, son gratuítos e abertos a todo o público. Toda a información e a venda de entradas están dispoñibles en circonocamiño.gal
Este proxecto conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e do Xacobeo 2027.
O balance de Verín
- Afluencia Cheo total na carpa
- Duración Tres días de programación
- Na carpa Catro espectáculos
- Abono 10 euros · catro funcións
As próximas paradas
Verín foi a primeira das catro escalas do proxecto.
- Verín Do 12 ao 15 de novembro Celebrada
- Lalín Do 20 ao 22 de novembro
- A Estrada Do 27 ao 29 de novembro
- Santiago de Compostela Do 3 ao 6 de decembro Abonos esgotados


