
O Concello de Verín elabora o seu Plan de Autoprotección para o Entroido 2024
29/01/2024
Comunicado Oficial: Cambios na Programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín debido a inclemencias meteorolóxicas
07/02/2024Desde o Concelllo de Verín hoxe queremos dirixirnos aos nosos patrocinadores e colaboradores para expresar o noso máis profundo agradecemento a aqueles que fixeron posible esta nova edición do Entroido.
Epecial mención a todos os patrocinadores principais, cuxa contribución financeira foi fundamental para a realización deste evento. A vosa xenerosidade e compromiso coa nosa comunidade son a forza impulsora que dá vida, ano tras ano, ao noso bienquerido Entroido.
Ademais, queremos recoñecer a todos os colaboradores, grandes e pequenos, cuxa participación foi e é dun valor incalculable. Desde aqueles que ofreceron recursos materiais ata aqueles que doaron o seu tempo e esforzo, cada un de vós desempeña un papel crucial no éxito desta nova edición dos nosos tradicionais festexos.
A continuación, gustaríanos compartir a ligazón á edición en liña da revista de patrocinadores, cuxa xenerosidade foi fundamental para facer realidade esta celebración.



