
Comunicado Oficial: Cambios na Programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín debido a inclemencias meteorolóxicas
07/02/2024
O Concello de Verín abre a tenda oficial do Entroido 2024
08/02/2024Desde a concellería de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio do Concello de Verín infórmase que tras a reunión mantida hoxe ao mediodía con todos os centros educativos da comarca que participan no Desfile Infantil acordouse o seguinte:
– O desfile infantil posponse, ao xoves 15 de febreiro á mesma hora (11:45 horas) e co mesmo percorrido, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.
– Igualmente, os centros escolares que así o consideraron pertinente celebrarán mañá no Pavillón Municipal de Deportes o seu Entroido Infantil.
«É importante recordar que que hai colexios que non dispoñen dun pavillón cuberto coas dimensións necesarias para celebrar este evento co seu alumnado; polo tanto cremos necesario facilitar, aos que así o consideren, a opción de empregar o noso pavillón municipal para que a cativada goce do seu día», explicou Samanta Barreira.
Desde o Concello de Verín queremos agradecer a comprensión e colaboración de todos os centros educativos.



