
Máis de 70 persoas participaron na charla sobre prevención de fraudes informáticos e mellora da seguridade cidadá dirixida ás persoas maiores en Verín
14/10/2024
Fascismo baixo os focos en Verín: Leo Bassi chega co seu espectáculo, «Yo Mussollini»
16/10/2024- 90% dos stands confirma a súa intención de repetir en futuras edición
- O concelleiro responsable da área de Feiras, Manuel Lorenzo, destacou o aumento de vendas e as excelentes valoracións recibidas nesta cuarta edición.
Verín, 15 de outubro de 2024. A IV edición da Festa da Cervexa consolídase como un dos festexos máis agardados do ano na comarca. Segundo reflicten os datos oficiais, o evento atraeu a máis de 5.000 persoas que gozaron na vila do Támega de dúas xornadas marcadas pola boa música e a mellor oferta cervexeira e gastronómica.
Segundo confirman os stands participantes, un dos puntos máis destacados do evento foi o notable aumento nas vendas respecto á edición do ano pasado. Ademais, o 90% dos postos de comida e bebida presentes no festival xa manifestaron a súa intención de participar novamente en futuras edicións, destacando a excelente organización e o ambiente festivo.
Satisfacción xeral dos postos participantes
Segundo unha enquisa realizada entre os postos instalados na carpa, os resultados reflicten un alto nivel de satisfacción en varios aspectos do festival, con valoracións sobresaíntes en aspectos como a localización do evento (9/10); a oferta musical (10/10); a organización do mesmo (10/10); a limpeza do recinto (10/10); ou a propia calidade da carpa (10/10).
Éxito musical e ambiente festivo

A programación musical, composta polas bandas The Tetas’ Van e Gin Toni´s, foi un dos principais atractivos, con concertos no interior da carpa que lograron unha valoración sobresaínte por parte dos asistentes. As actuacións en directo contribuíron a crear un ambiente festivo, que complementou a ampla variedade de cervexas e a oferta gastronómica dispoñible.
Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras do Concello de Verín, mostrouse moi satisfeito co «éxito rotundo» desta cuarta edición. «Desde a organización estamos moi ledos de ter conseguido unha resposta tan positiva por parte do público e dos postos participantes. O notable aumento nas vendas respecto ao ano pasado, así como as excelentes valoracións sobre a organización desta edición da festa da cervexa, son un claro indicador de que estamos no bo camiño».



