
Mesas electorais e locais para as eleccións xerais do 29 de novembro
29/10/2026
- A gala final do FIC Vía XIV, prevista para o sábado 31 de outubro, non se celebrará polo seu carácter festivo.
- As actividades culturais e as proxeccións programadas ao abeiro do festival mantéñense con normalidade.
Desde o FIC Vía XIV e o concello de Verín anunciamos que, finalmente, non se realizará a gala final do festival en solidariedade coas vítimas do accidente de tren en Urda.
Tras conversas co goberno municipal, cremos que debemos cancelar a celebración, debido ao seu carácter festivo. Con todo, as actividades culturais e proxeccións programadas ao abeiro do festival seguen en pé.
Trasladamos o noso máis sentido pesame a familiares e amizades das persoas afectadas.
Lamentamos as molestas e agradecemos a comprensión.
A programación do festival
A cancelación afecta unicamente ao acto de clausura.
Gala final
O acto de clausura previsto para o sábado 31 de outubro queda cancelado polo seu carácter festivo.
Actividades culturais e proxeccións
O resto da programación do festival desenvólvese con normalidade nos horarios e lugares previstos.
O FIC Vía XIV e o Concello de Verín trasladan o seu pésame ás familias e amizades das persoas afectadas.


