
O Concello de Verín premia a creatividade literaria estudantil nas Letras Galegas 2025
18/05/2025
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá unha xornada de capacitación empresarial sobre turismo rural o 26 de maio
21/05/2025A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro xoves 30 de maio, a partir das 10:00 horas, o I Encontro de Mulleres Xitanas da Comarca de Verín, unha xornada formativa e de convivencia destinada a fomentar o apoderamento, a aprendizaxe colectiva e o diálogo intercultural entre mulleres xitanas e paias da contorna.
A iniciativa, pioneira na comarca, incluirá contidos sobre Feminismo Romaní, historia e cultura do pobo xitano, e contará coa participación de mulleres referentes da Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad, entidade de ámbito estatal recoñecida polo seu compromiso na loita contra a violencia e pola igualdade real.
A organización do evento corre a cargo da oficina do Plan Xitano dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín, en colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín.
O encontro ofrece 30 prazas totalmente gratuítas, financiadas na súa totalidade, e incluirá un pequeno convite a café para todas as participantes. As persoas interesadas poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario en liña:
???? https://forms.gle/ES6xuqtrHMweTSJh8






