
Máis de 160 horas de música para un Entroido de Verín que aposta pola súa esencia máis auténtica
12/02/2025
Programa Entroido Verín 2025
14/02/2025Verín, 13 de febreiro de 2025. O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín (CMUS), en colaboración coa súa ANPA e co apoio do Concello de Verín, presenta a iniciativa “Arte e Música”, unha acción solidaria que culminará cun gran sorteo de 5 obras de arte durante a súa Gala de Fin de Curso o 7 de xuño de 2025 no Auditorio de Verín.
O sorteo contará con cinco obras doadas por recoñecidos artistas locais, entre elas:
- «Los guerreros de la Paz», de Fernando Barreira
- «Atardecer en el mar», «Natureza morta» e «Flores», de Xosé Rivada
- «Peliqueiros 1925», de Rafael Castro
A recadación obtida a través desta iniciativa destinarase á compra de instrumentos musicais para o CMUS e a unha saída educativa para as súas alumnas e alumnos.
Procedemento do sorteo
Durante a Gala de Fin de Curso, extraeranse os nomes das obras dunha bolsa e asignaráselles un número de orde. Posteriormente, sortearase un número de boleto para cada obra. Os números premiados serán publicados nas redes sociais e nos taboleiros do CMUS.
Se os premios non son reclamados antes do 15 de xuño de 2025, sortearanse entre os números de reserva e poderanse recoller ata o 22 de xuño de 2025. Se os cadros non son reclamados tras esgotar os números de reserva, pasarán a formar parte do patrimonio artístico do CMUS.
Como participar?
Póñense á venda 4.000 rifas, a un prezo de 2 euros por rifa. Os fondos recadados contribuirán ao impulso do CMUS como espazo de formación e creación musical na comarca de Verín.
O evento conta co apoio da ANPA do CMUS, do Concello de Verín e da Banda do Conservatorio, reafirmando o compromiso con proxectos culturais que unen arte, música e educación.



