
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano «Támega» 2025
04/06/2025
O Concello de Verín acolle o I Encontro de Mulleres Xitanas da comarca
11/06/2025Verín, 4 de xuño de 2025. A Área de Deportes do Concello de Verín pon en marcha unha nova edición da Escola de Verán, unha das actividades máis agardadas polas familias verinesas. A XVI Escola de Verán desenvolverase do 23 de xuño ao 5 de setembro e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 15 anos.
Trátase dun programa lúdico-deportivo que busca fomentar a igualdade, a convivencia e o deporte mediante xogos coeducativos, torneos competitivos, saídas pola contorna, días temáticos, excursións, cine, teatro, danza, bailes urbanos, obradoiros e visitas diarias ás piscinas descubertas de A Granxa.

Nesta edición destacan importantes novidades como:
- A ampliación dos grupos de fútbol aos 5 días da semana.
- A incorporación de cursiños de natación por quendas para os nenos que máis o precisen.
- Novos destinos nas excursións.
- Maior variedade nas disciplinas deportivas e nas actividades competitivas.
Modalidades de participación
As familias poderán escoller entre diferentes modalidades de participación:
- Por días soltos, semanas, quincenas, semi-completo (1 mes e 2 semanas) ou o programa completo de todo o verán.
- Grupos dispoñibles:
- Grupo Xeral: 3 días (luns-mércores-venres) ou 5 días á semana.
- Grupo de Fútbol/Fútbol Sala: a partir de 7 anos, en opción de 3 ou 5 días á semana.
- Grupo Mixto: 5 días á semana, combinando fútbol e actividades xerais.
As actividades desenvolveranse de luns a venres, entre as 08:00 e as 14:30 horas. Os lugares principais serán o Pavillón Municipal de Deportes e o Complexo Deportivo A Granxa.
Información para as familias
O luns 23 de xuño ás 09:00 horas celebrarase unha reunión informativa no Pavillón Municipal para todas as familias e participantes, incluídos os inscritos nos grupos de fútbol.
Inscricións
O prazo de inscrición abrirase o mércores 5 de xuño e manterase ata esgotar as prazas dispoñibles. As solicitudes serán atendidas por estrita orde de chegada, dando prioridade ás familias monoparentais que traballen e non dispoñan doutra opción de coidado para os seus fillos.
A inscrición poderá formalizarse:
- Presencialmente no Pavillón Municipal de Deportes (Rúa Irmáns Moreno, 13) de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 h.
- Por correo electrónico enviando a documentación necesaria a: deportes@verin.gal
A documentación a presentar inclúe:
- Folla de solicitude de inscrición e de consentimentos.
- Fotocopia do DNI do menor.
- Xustificante de pagamento das taxas.
- Acreditación de eurocidadanía ou empadroamento para acceder á tarifa reducida.



