
Aever presenta a súa nova xunta directiva e as campañas comerciais de decembro
20/11/2025
O pleno dá luz verde ao orzamento municipal de 2026, que ascende a 16 millóns e prioriza investimento e políticas sociais
27/11/2025- O consistorio depositou nas contas da UTE de Bilbomática a indemnización de 20.000 euros e ordenou a devolución do aval.
- Os seis millóns de euros da adxudicación de 2014 terían que terse cuberto a base de multas as veciñas e veciños de Verín.
Verín, 21 de novembro de 2025. Logo dun complexo e dilatado procedemento administrativo, non exento de polémicas, o Concello de Verín vén de completar os trámites para rescindir definitivamente e dar por cumplida a sentenza de liquidación do contrato que o anterior equipo de goberno municipal adxudicara a Bilbomática Veicar Verin UTE, para recadar seis millóns de euros en multas impostas a través de radares de velocidade nas rúas da cidade do Támega.
Tal adxudicación, que segundo o alcalde, Gerardo Seoane, ademais «de ser de dubidosa legalidade, era de nula eficacia», houbera suposto era «un contrato millonario e fraudulento, adxudicado polo anterior goberno, que prendía sangrar con seis millóns de euros a todos os verineses» e convertía a «Verín en terreo de xogo dun pelotazo da “Operación Enredadera” ademais de castigar aos veciños cun aluvión de multas innecesario».
A rescisión do contrato, acordada no Pleno, acometeu posteriormente un dilatado proceso administrativo, enfrontado a unha complexa tramitación do cumprimento da sentenza que fixaba a indemnización mediante pronunciamento xudicial en 20.933,45 euros.
Así, o trámite fracasou varias veces por reticencias administrativas no Concello de Verín, e o alcalde tivo que impulsar o seu reinicio ata en tres ocasións.
A primeira foi en marzo do ano 2022, ordenando á secretaria municipal que realizara os trámites necesarios para rescindir o contrato. A esta funcionaria lle correspondía o apoio legal preceptivo ao alcalde segundo o Real Decreto 128/2018, de 16 de marzo polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional.
A segunda providencia do alcalde
Ao non terse dado por cumprida a orde do alcalde de rescindir o contrato, por parte da alcaldía do Concello de Verín ditouse unha providencia con data 28 de abril de 2022, incoando expediente de resolución contractual e solicitando os correspondentes informes. Novamente os departamentos implicados non deron curso ao procedemento do xeito solicitado.
Finalmente, o con data 8 de maio de 2023, o alcalde, ante as dilacións que acumulaba o procedemento, e ao non atopar xeito de que os órganos de Secretaría, prestándolle o asesoramento administrativo debido, cumpriran a orde, ditou o Informe de Proposta de Resolución que obra no expediente. (Documento n.º 111 exp. Execución definitiva 49/2020).
De resultas do empeño directo do alcalde, en fecha 30 de novembro de 2023, a secretaria en funcións do Concello emite un Informe de Proposta de Resolución, tras o cal o alcalde somete ao pleno para a súa aprobación o inicio do procedemento de rescisión do contrato.
Este é o trámite que vén de finalizarse definitivamente, co depósito da indemnización de 20.000 euros nas contas da empresa. Ademais, o decreto emitido polo Concello ordena a devolución do aval depositado pola empresa.
Ante este dificultoso proceso administrativo, que ademais chegou ata a Fiscalía de Ourense como un presunto caso de “desobediencia” por parte do alcalde -pendente da súa vista oral- Gerardo Seoane lembra que estivo durante dez anos «empeñado en darlle cumprimento», e só a lentitude extrema e as reticencias e carencias administrativas as que se tivo que enfrontar -nunha entidade que en numerosas ocasións ten tido vacantes e interinos os postos de habilitación nacional, como acontece frecuentemente en todas as de Galicia- poden explicar o retraso.
Ademais, reitera que «fixen o correcto anulando ese contrato», que ademais lembra como as medidas de pacificación do tráfico alternativas establecidas foron as que remataron cos atropelos graves na Avenida de Laza. «Eliminamos os aparcamentos en batería -que provocaban a saída marcha atrás e sen visibilidade, e creamos o sistema pioneiro en Galicia de aparcadoiros libres, que supuxo unha revolución en toda Galicia.»
Pacificación do tráfico
Neste sentido, Seoane lembra como a circulación cambiou una vila desde entón, e como agora existe outro xeito viario de interactuar, sen ter que acudido a empresas de dubidosa legalidade. «Quero lembrar», sinalou, «que daquela nos chegaron incluso a levar á Fiscalía por os párkings disuasorios, cando agora somos un referente en Galicia».
«Fixen o correcto coa anulación», reiterou, «e co posterior acatamento da sentenza cumpriuse co trámite. As interpretacións formais son iso, formais, e deben de estar subordinadas ao interese xeral, neste caso dos veciños de Verín, como terei moito gusto en explicar en calquera instancia», rematou.
«Sempre lembrarei como unha das maiores satisfaccións da miña traxectoria como alcalde a anulación» afirmou Gerardo Seoane. «Voltaría a facelo cen veces que vivira, porque o contrario tería sido un verdadeiro fraude e unha sangría para todas as veciñas e veciños de Verín».
O contrato dun sistema de vixilancia e tramitación automática de multas foi adxudicado en Verín polo goberno do Partido Popular no ano 2014 e prantexaba un sistema que se financiaba por un valor aproximado de seis millóns de euros, que obtería mediante sancións. O sistema, proposto por unha empresa que se veu implicada na denominada “Operación Enredadera” a nivel nacional, decidiuse logo de varios tráxicos episodios de atropelos acontecidos na vila.



