
O ritmo da batucada toma as rúas de Verín un ano máis
20/07/2025
A seguinte acción social destinada á poboación de Chaves terá lugar durante a Feira do Viño de Monterrei
30/07/2025Verín, 22 de xullo de 2025. — O Concello de Verín, a través da Concellería de Benestar Social, abre o prazo de inscrición para dous cursos AFD (Accións Formativas Dirixidas a persoas desempregadas), totalmente gratuítos, que darán comezo no mes de outubro.
A oferta formativa inclúe os seguintes cursos:
Socorrismo en instalacións acuáticas
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Estes cursos están dirixidos exclusivamente a persoas desempregadas, e permitirán obter un Certificado de Profesionalidade de Nivel II, válido en todo o Estado.
Para acceder a esta formación, os requisitos esenciais son:
Estar rexistrado/a como demandante de emprego no INEM.
Posuír o título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou ter superadas as competencias clave de nivel 2.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa preinscrición chamando ao teléfono 988 41 00 00 ou acudindo presencialmente á Concellería de Benestar Social (2ª planta do Concello de Verín).
Con esta iniciativa, o Concello de Verín reafirma o seu compromiso coa inserción laboral e a mellora das oportunidades profesionais da veciñanza desempregada.





