
O Pleno de Verín dá luz verde á regularización administrativa de gastos de exercicios anteriores
19/01/2026
Aberto o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido de Verín 2026
20/01/2026O Concello de Verín gardou esta mañá un minuto de silencio en sinal de dó e solidariedade, sumándose á convocatoria promovida pola FEGAMP como mostra de apoio, respecto e lembranza ás vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Adamuz, así como ás súas familias.
O acto tivo lugar diante da Casa do Concello e contou coa participación de membros da corporación municipal e do persoal municipal, nun xesto colectivo de solidariedade e acompañamento ás persoas afectadas por este tráxico suceso.
Desde o Concello de Verín quíxose expresar publicamente a súa máis sincera condolencia ás familias e persoas achegadas ás vítimas, reiterando o compromiso institucional coa memoria, o respecto e a solidariedade en momentos de especial dor.



