
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición paraLudonadal – Ludoteca de Nadal
10/12/2024
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentan aXira de Fin de Ano 2024 co disco “Axúdame a Sentir”en catro concertos en Galicia
13/12/2024O Concello de Verín realizou un balance “excelente” da edición 2024 da Feira de Nadal, baseada nos resultados das enquisas respondidas polos expositores participantes. A localización, a limpeza e a organización xeral acadaron valoracións sobresalientes, consolidándose como os aspectos mellor valorados do evento; destacando tamén un aumento progresivo nas vendas.
As enquisas realizadas preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas a feira entre as que se lle preguntaba a valoración de:

- Ubicación: 9,9
- Organización xeral: 9,16
- Limpeza: 9,09
- Horario: 8,90
- Casetas: 8,83
- Actividades complementarias: 8,20
- Satisfacción coas vendas: 8,06 (mellor valoración dos últimos anos).
- Música ambiente: 7,93
Satisfacción e intención de continuidade

Un dato especialmente relevante é que o 96% dos expositores (30 de 31) confirmaron o seu interese en participar na Feira de Nadal 2025, destacando a fidelización lograda polo evento. Ademais, o 80% amosou interese por participar na Feira do Lázaro 2025 do Concello de Verín, marcando un récord de intención de participación neste evento en comparación con anos anteriores.
O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lourenzo, destacou que «os datos reflicten que seguimos unha tónica de mellora continua, ofrecendo aos expositores e visitantes unha experiencia de calidade. É especialmente satisfactorio ver un aumento tan significativo nas vendas,, algo que é clave para o éxito de calquera feira».
Sorteo da cesta de produtos premio a mellor standEste ano, a persoa premiada no tradicional sorteo celebrado o domingo na carpa de feira cunha cesta de produtos típicos de nadal cedida polos expositores foi Pilar Núñez Rojas (recolleu o premio a sua filla, Sonia Núnez) , e o premio a mellor stand foi outorgado a La luna de los sueños (Yolanda Hernández Marco e Beatriz Cándido Carrasco).



