
Axentes da Garda Civil impartirán unha charla para a prevención e mellora da seguridade dirixida ás persoas maiores en Verín
09/10/2024
Laboratorio de Innovación: Potenciando o liderado e a creatividade xuvenil en Chaves-Verín
11/10/2024O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:
1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. Expediente 3596/2024. Operación de tesorería a curto prazo 1/2024
Tras aprobar, con 11 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) e 3 votos en contra do Partido Popular, a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión, quedando aprobada por unanimidade.
Aprobouse tamén, con 11 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a adxudicación dunha operación de crédito a curto prazo por importe de 2.600.000 euros á entidade Caja Rural de Zamora, baixo as seguintes condicións:
- Tipo: curto prado
- Vencemento Máximo: 31/12/2025
- Revisión/liquidación de xuros: variable (revisión mensual)
- Xuro: EURIBOR a tres meses + 0,58 %
- Comisión de non dispoñibilidade: 0,100%
- Garantías: ningunha
- Formalización ante: secretaria municipal
É importante destacar que, antes de votar o segundo punto, o grupo popular abandonou a sala debido á súa disconformidade coa urxencia da convocatoria.



