
O Concello de Verín investiu 20 millóns de euros en dez anos en infraestruturas e mellora dos espazos públicos
11/08/2025
Aviso importante | Incendios na comarca de Monterrei
19/08/2025Verín, 15 de agosto de 2025. Informamos que, por motivos de seguridade e en sinal de respecto, quedan suspendidas temporalmente todas as actividades culturais e determinadas actividades deportivas en Verín.
En concreto, procedemos á suspensión das seguintes actividades:
Ámbito cultural:
- Xornadas de Folclore, previstas para o día 14 de agosto de 2025.
- Presentación do libro ”El colorido mar”, programada para o 14 de agosto de 2025
- Concerto de Emilio Rúa, programado para o día 15 de agosto de 2025.
Ámbito deportivo:
- Todas as actividades no Pavillón Municipal de Deportes, ao ser habilitado como punto de recepción de persoas desaloxadas polos incendios.
- Todas as actividades no Complexo Deportivo da Granxa, ao estar a funcionar como base operativa temporal da UME.
Amosamos o noso total apoio ás persoas afectadas por esta vaga de lumes e expresamos un profundo agradecementoaos equipos de emerxencia —bombeiros, brigadas, UME, forzas de seguridade e persoal técnico— así como aos veciños e veciñas que están a colaborar directa ou indirectamente na extinción dos lumes, demostrando unha vez máis o valor da solidariedade e do compromiso colectivo.
Facemos un chamamento á cidadanía para que extremen as precaucións, sigan as indicacións do 112 e das autoridades competentes, e permanezan atentos ás comunicacións oficiais.



