
O “Pincha no Lázaro” regresa a Verín coa participación de 16 establecementos hostaleiros
18/03/2026Verín, 18 de marzo de 2026. O Concello de Verín informa de que quedan últimas prazas dispoñibles para participar nas catas e actividades gastronómicas do Lázaro 2026, que se celebrarán do 20 ao 22 de marzo no marco da Feira de Artesanía e Alimentación.
Estas propostas, organizadas en colaboración coa D.O. Monterrei, a IXP Terneira Galega, AGACAL e produtores locais, permitirán ao público asistente gozar de experiencias gastronómicas guiadas por profesionais, cun formato reducido e prazas limitadas para mellorar a experiencia de usuario
O programa inclúe varias catas, showcookings e degustacións, que teñen un máximo de 20 prazas por sesión, o que fai recomendable formalizar a inscrición canto antes:
Venres 20 de marzo
19:30 h | Queixería Gaia | Cata de queixos de cabra confitados (gratuíta)
Impartida polo mestre queixeiro Iván Cubillas. (Entrada libre ata completar aforo)
Sábado 21 de marzo
11:00 h | D.O. Monterrei | Cata de viños brancos con produto galego (12€)
Impartida por Miguel López e o chef José Luis Prieto. (Inscrición previa obrigatoria)
1200 h | IXP Ternera Gallega | Showcooking e degustación (gratuíto)
A cargo do chef José Manuel Mallón. (Inscrición previa obrigatoria)
13:00 h | IXP Ternera Gallega | Degustación popular de tenreira (gratuíto)
(Entrada libre ata completar aforo)
17:00 h | AGACAL | Cata de queixos e meles premiados (gratuíta)
Dinamizada por Salomé Beiroa. (Inscrición previa obrigatoria)
18:00 h | AGACAL | Degustación de produtos de Artesanía Alimentaria (gratuíta)
Dinamizada por Salomé Beiroa. (Inscrición previa obrigatoria)
19:00 h | D.O. Monterrei | Cata de viños tintos con produto galego (12€)
Impartida por Miguel López e José Luis Prieto. (Inscrición previa obrigatoria)
20:00 h | Baroncéli | Cata de marmeladas e patés veganos (gratuíta)
Impartida por Juan Matías. (Prazas limitadas)
Domingo 22 de marzo
11:00 h | AGACAL | Cata de queixos e meles premiados (gratuíta)
Dinamizada por Salomé Beiroa. (Inscrición previa obrigatoria)
12:15 h | D.O. Monterrei | Cata-maridaxe con produto galego (12€)
Impartida por Miguel López e José Luis Prieto. (Inscrición previa obrigatoria)
18:30 h | Queixería Gaia | Cata de queixos de cabra confitados (gratuíta)
A cargo de Iván Cubillas. (Entrada libre ata completar aforo)
*Todas as actividades (agás a degustación popular de tenreira) contan cun aforo máximo de 20 persoas,
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 20 de marzo ás 20:00 horas, momento no que se pechará a reserva de prazas.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través de:
Oficina OMIC (Casa da Xuventude)
Teléfono: 988 414 776
Correo electrónico: blankylm@gmail.com
No caso das actividades de pago, será necesario realizar ingreso previo para confirmar a praza. ES45 2080 5319 5130 0003 2477
Chamamento á participación
O Concello de Verín anima á veciñanza e ás persoas visitantes a aproveitar estas últimas prazas e non agardar ao último momento, xa que se trata de actividades cun formato reducido que permiten gozar dunha experiencia gastronómica única arredor dos produtos de calidade do territorio.



