
Concurso para la selección del cartel de la ‘XIX Feira do Viño de Monterrei
06/04/2026Verín viviu un Domingo de Ramos marcado polo éxito de participación no Pozo do Demo, unha cita deportiva que reuniu a máis de 750 persoas nas súas diferentes modalidades e que encheu de actividade tanto o entorno natural como o núcleo urbano do municipio.
A actividade comezou co Trail Pozo do Demo, no que participaron un total de 130 persoas, cun percorrido de 15 quilómetros polos montes da contorna de Cabreiroá, recuperando unha proba emblemática do calendario deportivo local .
A continuación, a andaina popular reuniu a máis de 500 persoas nun trazado de 14 quilómetros, confirmando o seu carácter participativo e o seu arraigo entre a veciñanza.
A xornada completouse coas carreiras infantís, organizada coa colaboración do Club Val do Támega, nas que participaron 140 nenos e nenas distribuídos en diferentes categorías, enchendo de ambiente deportivo e familiar os arredores do Pavillón de Deportes. Na entrega de medallas destas probas estivo presente o concelleiro responsable da área de Deportes, Diego Lourenzo.
O evento estivo organizado polo Concello de Verín en colaboración coa Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, e contou co apoio de entidades e empresas como o Cub Va do Támega, Comartin, Revestimientos y Fachadas Javier Yañez Dos Santos, GADIS, Cabreiroá, Enredo, KTORCE e RC Training, así como co apoio institucional do Concello de Vilardevós, a participación de Protección Civil Verín e Protección Civil Vilardevós, e a implicación do tecido empresarial local a través de AEVER.
Desde a organización destacan o bo desenvolvemento da xornada e a elevada participación, consolidando o Pozo do Demo como unha cita deportiva que combina actividade física e contacto co entorno natural.
Consulta aqui as casificacións do trail: https://cutt.ly/OtDrfMo9


















