
O Concello de Verín abre o prazo para a contratación de persoal laboral temporal nas áreas de Axuda no Fogar e Socorrismo
12/10/2025
Fontes Sonoras: A Eurocidade Chaves Verín presenta un novo festival transfronteirizo, em Verín
16/10/2025- Dúas citas teatrais únicas no Auditorio Municipal os días 18 e 19 de outubro, ás 21:00 horas. Entradas a 10 euros.
Verín, 15 de outubro de 2025. O Auditorio Municipal de Verín acollerá esta fin de semana dúas propostas teatrais de alto nivel da man da actriz e dramaturga arxentina Maggi Persíncola, que presentará os seus espectáculos “Minas” e “Abanderada”, dúas pezas unipersoais que combinan emoción, humor e reflexión social.
A primeira cita será o sábado 18 de outubro ás 21:00 horas coa representación de “Minas”, unha obra que mestura ironía e sátira para reflexionar sobre o papel da muller na sociedade contemporánea. Cunha interpretación chea de enerxía e sensibilidade, Persíncola convida ao público a rir, pensar e recoñecerse a través dun espectáculo tan íntimo como provocador.
O domingo 19 de outubro, tamén ás 21:00 horas, será a quenda de “Abanderada”, un unipersoal inspirado na vida de Eva Duarte de Perón, contada dende a perspectiva da súa enfermeira persoal, María Eugenia Álvarez. Escrita e protagonizada pola propia Persíncola, a obra ofrece unha mirada humana e emotiva sobre a figura de Evita, explorando os seus comezos humildes, o seu ascenso e o legado que deixou no pobo arxentino.
Ambas funcións, organizadas pola Escola de Teatro Kotodama, en colaboración do Concello de Verín, propoñen unha experiencia teatral dirixida a todos os públicos, cunha artista internacional que achega ao escenario verinés o mellor do teatro contemporáneo e o compromiso social que caracteriza a súa traxectoria.
???? Entradas: 10 euros.
Á venda na taquilla do Auditorio Municipal o día de cada función, desde unha hora antes do comezo.
O Concello de Verín convida á veciñanza a gozar desta dobre cita coa cultura e a compartir unha fin de semana de teatro, emoción e reflexión





