
O Concello de Verín completa os trámites de resolución do contrato dos radares, que tería custado 6 millóns de euros a todos os verineses
21/11/2025
Verín presenta unha nova edición da súa Feira de Nadal, que reunirá 29 expositores e unha variada cultural na Praza Maior
28/11/2025Investiranse 3,7 millóns en actuacións clave para a mellora urbana, o patrimonio e os servizos públicos.
Este orzamento consolida o equilibrio entre ingresos e gastos, cun incremento do 8,94% respecto ao exercicio anterior.
Verín, 27 de novembro de 2026. O Pleno da Corporación aprobou esta mañá de forma inicial o Orzamento Xeral de 2026, unha ferramenta económica que medra ata os 16.054.179,57 euros e que, segundo subliña o executivo municipal, «pretende dar resposta ás necesidades reais da veciñanza con rigor financeiro, estabilidade e sentido de utilidade pública».
A sesión celebrouse baixo a fórmula de convocatoria extraordinaria e urxente, unha decisión xustificada na orde do día pola necesidade de garantir a entrada en vigor do documento o 1 de xaneiro e evitar a prórroga automática das contas vixentes.
Segundo se recolle na Memoria de Alcaldía integrada no expediente orzamentario desenvolto pola Alcaldía, pola Concellería de Economía e Facenda e polos Servizos de Intervención, o orzamento consolida o equilibrio entre ingresos e gastos, cun incremento do 8,94% respecto ao exercicio anterior.
Un orzamento que aposta polo investimento sostido e a cohesión social
O goberno local destaca que o documento combina prudencia financeira e capacidade inversora, cun capítulo VI que acada os 3,7 millóns de euros, especialmente orientado á mellora de infraestruturas, a renovación urbana e a conservación do patrimonio.
Actuacións previstas para 2026:
ADQUISICIÓNS E PATRIMONIO
Adquisición de terreos para patrimonio municipal → 100.000 €
Expropiacións de terreos. Fontenova (Proxectos FEDER) → 250.000 €
SERVIZOS PÚBLICOS, MATERIAIS E CONTEDORES
Árbores e plantas → 50.000 €
Materiais de construción para obras municipais → 100.000 €
Materiais para Parques e Xardíns → 100.000 €
Adquisición de contedores de residuos → 18.000 €
INFRAESTRUTURAS EDUCATIVAS, DEPORTIVAS E MUNICIPAIS
Nova Escola Infantil → 500.000 €
Piscinas Municipais Exterior (nova inversión) → 50.000 €
VÍAS, URBANIZACIÓNS E PAVIMENTACIÓNS
Nova urbanización Avda. Luis Espada – Avda. Portugal → 60.000 €
Pavimentación vías urbanas (COOPOU – Deputación) → 302.663,71 €
Pavimentación Mourazos → 48.000 €
Pavimentación rúa Marbana → 50.000 €
Pavimentación núcleos rurais → 300.000 €
Aceras de formigón rayado/pulido en todo o termo municipal → 100.000 €
PATRIMONIO E REHABILITACIÓN
Rehabilitación edificio histórico Fontenova → 100.000 €
Rehabilitación edificio histórico Recaredo Romero → 100.000 €
Rehabilitación Puente de San Lázaro → 637.471,57 €
Rehabilitación Lonxa Agropecuaria en madeira → 250.000 €
OBRAS E PROXECTOS FINANCIADOS (SUBVENCIÓNS E PROGRAMAS)
Plan LEADER MR701L → 27.300 €
Melloras no Conservatorio (Subv. Deputación) → 20.000 €
AUGAS, ABASTECEMENTO E URBANISMO
Remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento de auga → 220.000 €
Entorno Igrexa parroquial (Casco Histórico)
Demolición de edificacións no entorno da Igrexa Parroquial → 86.872,88 €
PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA
Estudos e proxectos técnicos: PXOM – PEPRICH → 200.000 €
INVERSIÓN PLURIANUAL (1 proxecto)
Plan Camiña Rural AGADER 2026 → 25.929,25 €
Ao mesmo tempo, increméntase o compromiso co tecido social, cultural e deportivo, a través dun capítulo IV de transferencias correntes que supera os 759.000 euros, mantendo as liñas de apoio a entidades e colectivos da vila.
Por outra banda, o gasto de persoal, que ascende a 6,7 millóns de euros, incorpora as actualizacións salariais previstas a nivel estatal e a consolidación das prazas vinculadas aos procesos de estabilización en curso para 2026.
Outros asuntos aprobados na sesión plenaria
Ademais da aprobación orzamentaria, o Pleno ratificou outros asuntos incluídos na orde do día:
Moción do Grupo Municipal do PP sobre a centralización dos xulgados de violencia sobre a muller na capital provincial.
Moción institucional para solicitar o mantemento do servizo notarial en Verín, considerada prioritaria para garantir seguridade xurídica e actividade económica na comarca.
Adxudicación de dúas operacións de crédito a longo prazo, adxudicadas á entidade CAJA RURAL DE ZAMORA (C.C.), segundo as propostas de Alcaldía e as actas da Mesa de Contratación:
Operación de crédito 2/2025 → 1.000.000 €
Operación de crédito 3/2025 → 475.000 €
Ambas ofertas foron as máis vantaxosas en termos de tipo de interese (margen bruto sobre Euribor 3 meses +0,650), ausencia de comisións e garantías, segundo a documentación oficial.
Convenio urbanístico coa Diócese de Ourense que permitirá ao Concello adquirir –mediante doazón e compra– diversas parcelas e edificacións situadas na mazá do entorno da Igrexa de Santa María a Maior, co obxectivo de eliminar construcións obsoletas, liberar espazos actualmente en desuso e crear un novo ámbito público de zonas verdes e uso libre plenamente integrado no Casco Histórico. A actuación forma parte da reordenación prevista no Plan Especial e busca mellorar a contorna patrimonial da igrexa, ampliar os espazos de convivencia e garantir unha ordenación coherente e protexida deste enclave urbano.
ESTADO DE INGRESOS
1.- Impostos directos …………………………………………… 3.833.776,90 €
2.- Impostos indirectos ………………………………………… 350.000,00 €
3.- Taxas e outros ingresos …………………………………. 3.958.814,41 €
4.- Transferencias correntes ……………………………….. 5.413.142,05 €
5.- Ingresos patrimoniais …………………………………………… 3.700,00 €
6.- Alleamento de investimentos …………………………………….. 0,00 €
7.- Transferencias de capital ………………………………….. 389.746,21 €
8.- Activos financeiros …………………………………………… 105.000,00 €
9.- Pasivos financeiros ……………………………………… 2.000.000,00 €
TOTAL INGRESOS ………………………………………………….. 16.054.179,57 €
ESTADO DE GASTOS
1.- Gastos de persoal ………………………………………………… 6.725.740,31 €
2.- Gastos correntes en bens e servizos …………….. 3.610.065,28 €
3.- Gastos financeiros ………………………………………………… 250.340,57 €
4.- Transferencias correntes ……………………………………. 759.796,00 €
5.- Fondo de continxencia ………………………………………… 50.000,00 €
6.- Investimentos reais …………………………………………….. 3.696.237,41 €
7.- Transferencias de capital ………………………………………………… 0,00 €
8.- Activos financeiros ………………………………………………. 105.000,00 €
9.- Pasivos financeiros ……………………………………………… 857.000,00 €
TOTAL GASTOS …………………………………………………….. 16.054.179,57 €



