
A Banda de Gaitas Nova Era de Verín celebrou o seu décimo aniversario co espectáculo “DEZ” no Auditorio de Ourense este domingo
10/12/2025
A Sala de Exposicións Municipal acolle “Alén do lago”, a nova exposición fotográfica do verinés Carlos Folgoso Sueiro
17/12/2025O Concello de Verín vén de presentar a programación oficial de Nadal 2025–2026, un calendario composto por máis dunha vintena de propostas que se desenvolverán entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro. A oferta combina accións impulsadas directamente polo Concello coa colaboración activa de numerosas entidades locais que, un ano máis, contribúen a enriquecer a vida social e cultural da vila durante estas datas.
A concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, destacou que a programación «reflicte o espírito dun concello vivo, no que a cooperación entre administración, tecido social, comercio e axentes culturais permite ofrecer unha proposta diversa, accesible e pensada para todos os públicos».
A programación municipal: tradición, cultura, teatro, deporte e conciliación familiar
O Concello de Verín reforza a súa oferta cultural cun amplo abano de propostas variadas. A programación inclúe o obradoiro infantil “Pequenos Repoboadores” (13 de decembro, ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal). Esta actividade organízase no marco da iniciativa “Reverdecer” promovida dende o CDR Portas Abertas. O evento busca involucrar a toda a comunidade na causa, ofrecendo propostas concretas de recuperación do territorio. Por outra banda contaremos coa presentación das obras “Balneario” (18 de decembro, ás 19:30 horas) de Mateo Diego Prada e Luis Bradstrich, e “El arte de matar” (22 de decembro, ás 19:30 horas) de Noa González Sousa, organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín.
No ámbito escénico, o Auditorio Municipal acollerá dúas propostas de gran interese. O 23 de decembro, ás 18:00 horas, representarase “A nena que quería navegar”, unha montaxe familiar que aborda o acoso escolar desde unha perspectiva sensible e esperanzadora. A obra combina teatro de obxectos, monicreques e proxeccións, ofrecendo unha experiencia visual e emocional pensada para o público infantil e adulto. O 28 de decembro, ás 20:00 horas, subirase ao escenario “Non Pasarán”, unha peza de marcado carácter contemporáneo que explora o medo, a polarización social e os límites éticos ante unha situación de emerxencia. Un drama que invita á reflexión e ao debate arredor da convivencia e da responsabilidade colectiva.
A Sala de Exposicións Municipal inaugurará o 20 de decembro, ás 20:15 horas, a mostra “Alén do Lago” do fotógrafo Carlos Folgoso Sueiro, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. A exposición, que permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro, presenta unha viaxe visual pola Galicia máis profunda, un territorio que o autor retrata cunha estética cinematográfica e unha mirada poética que conecta paisaxe, memoria e identidade.
En materia deportiva, a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica ofrecerá a súa tradicional gala o 20 de decembro, ás 11:30 horas, mentres que a área de Servizos Sociais -a través da OMIX- organizará unha nova edición de Ludonadal, activo do 22 de decembro ao 7 de xaneiro como servizo esencial de conciliación familiar.
A programación complétase cun obradoiro de creación de coroas florais de Nadal, organizado polo Concello o 20 de decembro, ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes, en colaboración coas florarías locais da vila.
Por último, o 5 de xaneiro pola mañá os Reis Magos visitarán a Residencia de Anciáns Santa María, nun acto organizado polo Concello de Verín; e pola tarde, ás 17:30 horas, celebrarase a tradicional Gran Cabalgata de Reis, con saída de San Lázaro e chegada ao Pavillón Municipal de Deportes, sempre condicionada polas condicións meteorolóxicas.
Lembrar que durante toda a campaña de Nadal, o Salón de Actos Casa da Cultura acollerá os seus fins de Semana de Cinema, con sesións de estrea comercial cada venres, sábado e domingo.
Eventos doutras entidades que enriquecen o calendario festivo
A programación de Nadal complétase cun conxunto diverso de actividades promovidas por entidades culturais, sociais, educativas e comerciais que, coa súa traxectoria e compromiso, contribúen a enriquecer o calendario festivo de Verín.
AEVER, coa colaboración do Concello, volverá ser un dos grandes dinamizadores destas datas. A súa campaña comercial “Os 6.000 de Verín”, activa ata o 23 de decembro, busca incentivar as compras no comercio local mediante a entrega de papeletas nos establecementos adheridos, culminando co sorteo final o 24 de decembro ante notario. Ademais, a asociación organizará tamén un pasarrúas musical o 20 de decembro, animando as rúas do centro, e celebrará a súa Gala de Nadal o 4 de xaneiro, ás 18:00 horas, unha cita familiar que combina música, humor e maxia e que se consolida como unha das propostas máis agardadas polo público infantil e adulto.
A tradición belenista mantén un protagonismo especial grazas ás entidades que, ano tras ano, sosteñen este patrimonio cultural. Ata o 6 de xaneiro, poderanse visitar o Belén da Viruca, coñecido polas súas figuras artesanais e escenas con temática galega; o Belén Mercedario, na igrexa da Mercé, cunha das representacións clásicas máis completas da vila; o Belén do Hospital de Verín, destacado polo seu enfoque sostible con materiais reciclados; e o Belén da Residencia de Anciáns Santa María, que conserva a tradición narrativa e estética dos pesebres máis populares. A este conxunto súmase a maqueta do Castelo de Monterrei de Antonio Justo, situada na rúa Maior e aberta ao público tamén ata o 6 de xaneiro, unha obra artesanal que recrea con minuciosidade un dos emblemas patrimoniais máis singulares da comarca.
No ámbito cultural e educativo, outras entidades tamén achegan propostas que amplían o calendario festivo. O 14 de decembro, Diversity Escola de Danza celebrará, ás 10:00 e as 17:00 horas as súas galas anuais de Nadal no Auditorio Municipal, mentres que o Conservatorio Profesional de Música de Verín ofrecerá o 16 de decembro, ás 20:00 horas, a súa Gala de Nadal. O 19 de decembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a Gran Gala de Nadal de Kotodama, unha proposta escénica para todos os públicos na que o alumnado infantil, adolescente e adulto amosará o traballo realizado ao longo do curso. Cun formato inspirado nun magazine televisivo navideño, a gala combinará interpretación, música e humor nun espectáculo dinámico e creativo, con entrada a 5 euros.
A programación inclúe ademais citas destacadas doutras produtoras e institucións. O 27 de decembro, ás 18:30 horas, o Santuario de Vilamaior do Val será escenario do tradicional Concerto de Nadal, organizado pola Diócese de Ourense, coa colaboración do Concello de Verín e da Deputación de Ourense, reunindo á Real Banda de Gaitas, agrupacións locais e artistas convidados nun dos encontros musicais máis simbólicos e emotivos da campaña. Finalmente, o 2 de xaneiro, ás 20:00 horas, Verín acollerá unha nova edición do IX Galicia Magic Fest, organizado por Néboa Events, que volverá traer ao Auditorio unha gala internacional de ilusionismo recoñecida en toda Galicia. Por outra banda, A Coral de Verín actúa o día 21 de decembro no Asilo e o día 6 de xaneiro na Mercé co seu tradicional Concerto de Reis.
Conxuntamente, estas actividades impulsadas por entidades externas completan e fortalecen a programación municipal, construíndo un Nadal plural, participativo e profundamente enraizado na vida comunitaria de Verín.
PROGRAMACIÓN DE NADAL 2025/2026
Venres, sábados e domingos
FINS DE SEMANAS DE CINE
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín
Cinema de estrea Comercial.
Ata o 23 de decembro
CAMPAÑA COMERCIAL “LOS 6.000 DE VERÍN”A campaña “Os 6.000 de Verín” busca incentivar as compras de Nadal e estará en funcionamento ata o 23 de decembro. O sorteo terá lugar o 24. As persoas participantes deberán cubrir as papeletas entregadas polos establecementos e introducilas nos buzóns dos locais adheridos.
Máis info: ccaverin.com
Organiza: AEVER Verín | Colabora: Concello de Verín
Ata o 6 de xaneiro
BELÉN DA VIRUCA
Salón parroquial. Luns a venres: 17:00-19:00 h | Festivos: 11:00-13:00 h | 17:00-19:00 h
Un dos beléns máis emblemáticos da provincia, con figuras artesanais, escenas galegas e detalles de actualidade.
Organiza: Viruca | Colabora: UAP Verín
Ata o 6 de xaneiro
BELÉN MERCEDARIO
Igrexa da Mercé, 10:30–13:00 h | 17:00–19:00 h
Belén tradicional con múltiples escenas clásicas.
Organizan: Padres Mercedarios de Verín
Ata o 6 de xaneiro
BELÉN DO HOSPITAL DE VERÍN
Vestíbulo principal do Hospital
Belén sostible feito con materiais reciclados.
Visitas: todos os días
Organiza: Lourdes de Gil | Colabora: Hospital Público de Verín
Ata o 6 de xaneiro
BELÉN DA RESIDENCIA DE ANCIÁNS
Asilo de Verín, 10:00 a 12:30 h | 16:30 a 18:30 h
Belén con múltiples escenas tradicionais.
Organiza: Asilo de Verín
Ata o 6 de xaneiro
MAQUETA DO CASTEO DE MONTERREI ANTONIO JUSTO
Rúa Maior de Verín (Antiga Xoiería Pato). Todos os días: 12:00 a 13:00 e 18:00 a 20:00 h
Unha réplica con todo detalle dun dos elementos patrimoniais mais relevantes da comarca de Monterrei.
Pasea pola Rúa Maior, e fai unha parada, no número 21 da rúa fronte á igrexa parroquial de Santa María a Maior, para admirar ésta obra artesana froito de 2 anos de traballo e documentación.
13 de decembro
OBRADOIRO INFANTIL “PEQUENOS REPOBOADORES”
Biblioteca de Verín, 12:00 h. a 13:00 h.
Actividade enmarcada no marco da xornada “Reverdecer: O reto da recuperación ambiental”
Org: Biblioteca Municipal De Verín
14 de decembro
DIVERSITY ESCOLA DE DANZA: GALAS DE NADAL
Auditorio de Verín, 10:00 e 17:00 h.
16 de decembro
GALA DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE VERÍN
Auditorio de Verín, 20:00 h.
18 de decembro
PRESENTACIÓN DA NOVELA “BALNEARIO”
Salón de Actos da Casa da Cultura, 19:30 h.
Obra conxunta de Mateo Diego Prada e Luis Bradstrich. A presentación correrá a cargo do emprendedor, profesor e escritor Sixto Arias.
Org: Biblioteca Municipal De Verín
19 de decembro
PASARRÚAS BANDA DE MÚSICA DE VERÍN
Praza do Concello, Rúa Montemaior e Praza García Barbón
17:00 h.
19 de cecembro
GALA DE NADAL DE KOTODAMA
AUDITORIO MUNICIPAL DE VERÍN, 20:00 h
A Gran Gala de Nadal de Kotodama e unha proposta escénica para todos os públicos na que o alumnado infantil, adolescente e adulto amosará o traballo realizado ao longo do curso. Cun formato inspirado nun magazine televisivo navideño, a gala combinará interpretación, música e humor nun espectáculo dinámico e creativo, con entrada a 5 euros.
Org: Kotodama
20 de decembro
GALA DE XIMNASIA RÍTMICA
Pavillón de Deportes, 11:30 h.
A Escola de Ximnasia Rítmica dependente da área de Deportes do Concello de Verín, convídanos á exhibición, que con motivo das festas do Nadal realizarán as alumnas de Ximnasia Rítmica. Un espectáculo que fará que pequenos e adultos poidan gozar dunha magnifica exhibición deportiva.
Organiza: Concello de Verín
Do 20 de decembro ao 31 de xaneiro
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “ALÉN DO LAGO” DE CARLOS FOLGOSO
Sala de Exposicións Municipal, inauguración 20:15 h.
Inauguración oficial, sábado 20 de decembro. Carlos Folgoso Sueiro, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, presenta unha viaxe metafórica pola Galicia máis profunda, con estética cinematográfica e ecos sociais e lendarios.
Organiza: Carlos Folgoso, Concello de Verín, Asociación Vía XIV
20 de decembro
PASARRÚAS MUSICAL DE AEVER
Rúas de Verín.
Organiza: AEVER
20 decembro
OBRADOIRO TEMÁTICO DE ELABORACIÓN DE COROAS FLORAIS EN COLABORACIÓN COAS FLORISTERÍAS LOCAIS.
Ximnasio do Pavillón Municipal, 16:00 a 20:00 h
O ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín será o escenario dun novo obradoiro temático de creación de coroas florais de Nadal. O mesmo está organizado polo Concello de Verín, en colaboración coas florerías locais da vila; realizándose esta primeira edición coa Florería Lirios. Será o domingo 21 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.
21 de decembro
ACTUACIÓN DA CORAL DE VERíN
Residencia de Anciáns Santa María, 10:00 h.
.Organiza: Asoc. Amigos da Música
22 de decembro
PRESENTACIÓN DO LIBRO “EL ARTE DE MATAR” DE NOA GONZÁLEZ SOUSA
Salón de Actos, Casa da Cultura, 19:30 h
Presente e pasado mestúranse nun caso no que a arte e o crime son un. Noa González Sousa (Verín, 1984), asesora xurídica de profesión, compaxina o seu traballo coa súa paixón pola lectura e polos libros, así como coa escritura.
Organiza: Biblioteca de Verín
Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
LUDONADAL
Pavillón Municipal de Verín e CEIP Módulos Amaro Refojo
Actividade de conciliación familiar para nenos/as de 3 a 10 anos,
Luns a venres: 8:00–14:30 h
Organiza: Concello de Verín
23 de decembro
TEATRO FAMILIAR – REDRUM TEATRO “A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR”
Auditorio de Verín, 18:00 h.
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Organiza: Concello de Verín
24 de decembro
SORTEO “OS 6.000 DE VERÍN”
Sede de AEVER, pola mañá
Sorteo ante notario da campaña comercial de Nadal.
Organiza: AEVER
27 de decembro
CONCERTO DE NADAL
Santuario de Vilamaior do Val, ás 18.30 h
A Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense, baixo a dirección de Xose Lois Foxo, ofrecerá o tradicional Concerto de Nadal, no marco do 40º Aniversario da Escola de Gaitas e da Real Banda de Gaitas.
O acto incluirá unha homenaxe a Ricarda e Julio Domínguez Pérez e a presentación da Marcha Procesional da Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior do Val.
O concerto contará coa participación de Lucía Pérez & Xabier Vizcaíno, Nadia Vázquez, o grupo de violíns “Tatiana Kostomarova”, a Coral de Verín, as Cantoras de Reis de Florderrei e Flor da Xesta de Verín.
Presenta: Montse Estévez.
Coa colaboración da Delegación Episcopal para a Vida Consagrada.
Organizan: Diócese de Ourense, Concello de Verín, Deputación de Ourense.
28 de decembro
TEATRO – ÁRTIKA CÍA “NON PASARÁN”
Auditorio de Verín, 20:00 h.
Non Pasarán desenvólvese nun país/ lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida. O lema da cidadanía é claro: “Non pasarán”, un chamado a non permitir a entrada de estraños nos
fogares, que poderían poñer en perigo a súa integridade e á comunidade.
Con todo, Cándido e a súa filla Ana acollen a unha misteriosa parella na súa casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá. Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados
nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levará á destrución, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar.
Organiza: Concello de Verín
2 de xaneiro
IX GALICIA MAGIC FEST, Festival Internacional de Ilusionismo de Galicia
Auditorio de Verín, 20:00 h.
Chega a Verín a novena edición de Galicia Magic Fest. O evento máxico máis esperado do Nadal cos mellores ilusionistas do mundo. Unha gala internacional única con magos de diferentes países e premios de prestixio mundial que deixará ao público coa boca aberta durante 70 minutos.
Entrada: 22 €
Organiza: Néboa Events
Colabora: Concello de Verín
4 de xaneiro
GALA DE NADAL DE AEVER
Pavillón dos Deportes, 17:30 h.
Cunha proposta familiar chea de humor, música e circo da man de Fran Rei e Félix Rodríguez, que traerán á vila o espectáculo Saaabor de Nadal!, acompañados polas actuacións de Paco Nogueiras e Zirko Txosko.
Organiza: AEVER Verín.
Colabora: Concello de Verín.
5 de xaneiro
VISITA DOS REIS MAGOS A RESIDENCIA DE ANCIÁNS SANTA MARÍA
Organiza: Concello de Verín.
5 de xaneiro
GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS
A partir das 17:30 h. Saída San Lázaro e chegada a Praza do Concello.
As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello (se as condicións climáticas o permiten).
Organiza: Concello de Verín.
6 de xaneiro
CONCERTO DE REIS DA CORAL DE VERÍN
Igrexa da Mercé, 20:00 h. .
Organiza: Asoc. Amigos da Música



