
Verín celebra a Semana das Letras Galegas 2026 cunha ampla programación cultural arredor da figura de Begoña Caamaño
08/05/2026A carreira, que ven de agotar inscricións na categoría Popular, reforzará este ano a súa programación deportiva, gastronómica e turística para atraer visitantes á comarca durante toda a fin de semana
A Revolta Irmandiña encara a súa recta final de inscricións consolidándose como unha das citas deportivas con maior crecemento da comarca. A falta dun mes para a celebración da carreira, prevista para o 14 de xuño entre Verín e Monterrei, a organización xa igualou o número de atletas participantes, superando as 360 inscricións e facendo sold out nas categorías populares. A proba mantén abertas as últimas inscricións nas modalidades competitivas, entre elas a nova categoría Starter, pensada para atletas que queren iniciarse na competición OCR nun formato máis progresivo e cun sistema de “vidas” nos obstáculos.
Na rolda de prensa estiveron presentes Marcos Vázquez Guzmán, director da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Ourense; Diego Lourenzo, concelleiro de Deportes do Concello de Verín; Manuel Pérez González, xefe de servicio de Deportes da Xunta de Galicia na provincia; José Luis Suárez Martínez, alcalde do Concello de Monterrei; e José Prado, representante da organización da Revolta Irmandiña
A Revolta Irmandiña medra ademais nun contexto de auxe das carreiras de obstáculos, un deporte en pleno crecemento que nos últimos anos se converteu nun auténtico estilo de vida para moitas persoas afeccionadas ao deporte e aos retos na natureza. Este tipo de probas acumulan cada vez máis seguidores, vivindo ademais un momento de especial proxección internacional tras a incorporación das probas de obstáculos ao programa olímpico de Los Ángeles 2028 dentro do Pentatlón Moderno.

A entrada da Revolta Irmandiña na Liga Aurum Terrae e no Circuito da Auga supuxo un importante salto na proxección da carreira, conectando Verín-Monterrei con outras probas de Ourense e do norte de Portugal. Máis da metade das inscricións proceden de fóra da comarca, con atletas chegados de diferentes puntos de Galicia, doutras comunidades autónomas e tamén do país veciño. Moitas destas participacións chegan ademais dende contornas urbanas, reforzando a capacidade da Revolta Irmandiña para atraer visitantes ao rural e proxectar a comarca como destino deportivo e turístico.
Neste sentido, o concelleiro de Deportes de Verín, Diego Lourenzo, destacou «a capacidade que ten Verín para acoller eventos deportivos que non só fomentan o deporte de base, senón que tamén dinamizan economicamente toda a comarca e atraen visitantes durante toda a fin de semana». Lourenzo sinalou ademais que «Verín leva anos consolidando unha programación deportiva diversa e con capacidade organizativa, e A Revolta Irmandiña encaixa perfectamente nesa liña de traballo, reforzando ademais o papel da vila como ponte entre Galicia e o norte de Portugal”. O edil puxo tamén en valor “a colaboración entre administracións, clubs, tecido asociativo e iniciativa privada, xerando sinerxías que permiten que proxectos como este sigan medrando edición tras edición».
O concelleiro animou ademais ás e aos deportistas da comarca, ás atletas do norte de Portugal vinculadas ao Circuito da Auga e ao resto da provincia a participar nesta edición, especialmente nas categorías Starter, pensadas para achegar este deporte a novas persoas, convidando tamén ás visitantes a aproveitar a fin de semana para descubrir «o patrimonio, a paisaxe e a gastronomía de Verín e Monterrei».
No apartado deportivo, a carreira continuará apostando por un percorrido que combina obstáculos, patrimonio e natureza, atravesando espazos como a Atalaia de Monterrei, o Camiño Vello ou novos tramos da contorna do río Támega. Saltar a pozas de auga fría e barro, arrastrar pesos, atravesar corredores de neumáticos, arrastrarse, saltar muros ou avanzar suspendidos sobre estruturas sen tocar o chan serán algúns dos retos que deberán superar as participantes ao longo do trazado.
A programación complementarase ademais cunha exhibición e zona de iniciación ao tiro con arco en colaboración co Centro de Tiro Olímpico Eiroás, aberta de maneira gratuíta ao público durante toda a mañá no Parque da Preguiza.
Precisamente a Preguiza converterase nun dos principais puntos de actividade da xornada, cunha programación pensada non só para as atletas, senón tamén para o público acompañante. Ao longo da mañá desenvolveranse diferentes retos e pequenas probas deportivas para todos os públicos, ademais dun espazo infantil para que os máis pequenos poidan desfrutar tamén da experiencia da Revolta. O recinto contará igualmente cun mercadiño con máis dunha decena de postos de artesanía e proxectos vinculados ao territorio, como a xoiería Pato, que ofrecerá a posibilidade de gravar nas medallas o tempo conseguido durante a carreira.

A programación complementarase ademais cunha vertente gastronómica e turística pensada para acompañar a importante chegada de visitantes que xerará a carreira durante toda a fin de semana.
A Revolta volverá activar o Pincho Irmandiño nos locais de Verín e Monterrei, unha proposta inspirada na alimentación galega anterior ao descubrimento de América que o pasado ano superou os 3.000 votos emitidos e que volverá implicar á hostalaría da comarca arredor dunha mesma temática histórica. Celebrarase os dias 11, 12 e 13 de xuño.
Unha novidade desta edición será a experiencia gastronómica dirixida polo chef ourensán Martín Fernández, ao fronte de Bágoa Gastrobar, que desenvolverá na Bodega Gargalo unha proposta baseada no produto local e na reinterpretación contemporánea da gastronomía galega. Esta cita terá lugar o sábado, 13 de xuño e as inscricións realízanse a través do correo arevoltairmandinha@ktorce.gal
Na xornada do sábado tamén se desenvolverán visitas turísticas e catas en colaboración coa DO Monterrei. As inscricións para todas estas actividades faranse tamén a través do correo da organización.
Como colofón gastronómico, o domingo, ao rematar a carreira, as participantes poderán ter un xantar popular na Preguiza cun menú que inclúe porco bravo ou porco, así como opcións vexetarianas e veganas. As inscricións para a carreira e para o xantar popular continúan dispoñibles a través da web ktorce.gal/a-revolta-irmandinha.
A carreira está organizada por KTORCE coa colaboración de diferentes entidades deportivas e tecido asociativo local, contando co apoio institucional da Deputación de Ourense, o Concello de Verín a Xunta de Galicia a través das áreas de Deporte Galego e Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei.



