
Máis de 600 escolares participaron en Verín na II Xuntanza Intercentros “Os coles cantan”
15/05/2026Os primeiros premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, organizados polo Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas, coa colaboración de Supermercados GADIS foron este ano para alumnado do IES Castro de Baronceli, do Colexio Plurilingüe María Inmaculada, do CPR Mercedarios de Verin, e do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo, IES Xesús Taboada Chivite.
27 poemas presentaron os centros participantes á fase final do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez. En 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio foi para o poema Sentimento de Aldara Castro Salgado, alumno de 6º do Colexio Plurilingüe Amaro Refojo. O segundo premio obtívoo, a poesía O Latexo do Támega de Nerea Plaza Boo, alumna de 5º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada. O terceiro premio foi para o poema O Noso Verín, da Elena Piñeiro Vázquez alumna de 5º do Colexio do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.
En 1º e 2º de ESO, o poema gañador foi o titulado Naturaleza Morta de Olivia Prieto González alumno de 2º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada. O segundo premio foi para a poesía titulada O Susurro do Bosque de Emma Gallego Lamas , alumno de 2º do CPR Mercedarios de Verin . Para o terceiro premio foi seleccionado o poema O Amor de Mara Nuñez Reis, alumno de 1º do CPR Mercedarios de Verin .
En 3º e 4º de ESO, o primeiro premio correspondeulle ao poema Brétema no Camiño de Alba Rodríguez Lladró , alumna de 3º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada . Para o segundo premio foi escollida a composición poética Anduriña de Darío Fraguas Rodríguez , alumno de 4º do IES Castro de Baronceli . O terceiro premio foi para o poema titulado Damnificado de Elían González Martínez alumna de 4º do IES Castro de Baronceli .
No Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez chegaron á fase final 26 obras. En 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio foi para a narración A festa que salvou o Galego de Adrián García Machado alumno de 5º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada-. O segundo premio correspondeulle ao traballo titulado Quérote Verde de Lara Fírvida Álvarez, alumna de 5º do Colexio Plurilingüe Amaro Refojo . Para o 3º premio escolleron o relato titulado A noite de san Xoan, de Diny Blanco López alumna de 5º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.
En 1º e 2º de ESO, o primeiro premio para o relato O Casamento de Miriam Estévez Muiños , alumna de 2º do CPR Mercedarios de Verin. O segundo premio logrouno A Lista de Alaia Lorenzo Chito, alumna do IES Xesús Taboada Chivite. O terceiro premio foi para o traballo titulado Arcoán (a morte da raiña ) de Marco Antonio Rodríguez Rodríguez de (2º do CPR Mercedarios de Verin) .
En 3º e 4º de ESO, o primeiro premio foi para O Prado que me recorda a ti de Ainoha Salgado Gago, alumna de 3º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada . O segundo premio, para a narración O Val dos perdidos de Chloe Justo Meno , alumna de 3º do Colexio Plurilingüe María Inmaculada. Para o 3º premio escolleron o relato titulado A Meiguiña da pomba branca, da alumna de 4º do (CPR Mercedarios de Verín).
Os premios consistiron en contías económicas de 90 euros para os primeiros, 60 para os segundos e 30 para os terceiros, e lote de libros e diploma para todos os traballos premiados e finalistas.
Tamén lle entregaron á maioría dos centros participantes ( e CEIP Plurilingüe Amaro Refojo, Colexio Plurilingüe María Inmaculada, CPR Mercedarios de Verin, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite) bonos para compra de libros en galego por un importe total próximo aos mil euros. Entregándolle a cada centro bonos por cantidades que oscilan entre os 40 e os 360 euros, en función dos niveis que imparte cada centro e da presentación de ternas de finalistas. Os bonos foron financiados polo Concello de Verín.
A entrega de premios e bonos tivo lugar na Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, que acolleu o Auditorio Municipal de Verín, e contou no ámbito musical coas actuacións da MiniBanda do CMUS de Verín.



