
A Revolta Irmandiña activa a comarca tamén desde a gastronomía con propostas para toda a fin de semana
29/05/2026
O Concello de Verín colabora na organización do obradoiro en liña “Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas”, unha acción formativa gratuíta dirixida a pequenas e medianas empresas, persoas traballadoras autónomas e a todas aquelas persoas interesadas en reforzar os seus coñecementos en materia de seguridade dixital.
A sesión desenvolverase o vindeiro 3 de xuño, en horario de 20:00 a 22:00 horas, en modalidade telemática, facilitando así a participación de profesionais e emprendedores sen necesidade de desprazamentos.
O obxectivo principal desta formación é concienciar sobre a importancia do factor humano na protección fronte ás ameazas dixitais, proporcionando ferramentas prácticas para identificar riscos e adoptar hábitos seguros no ámbito profesional e persoal.
Durante o obradoiro abordaranse cuestións como o funcionamento das principais técnicas empregadas polos ciberdelincuentes, a protección de credenciais e dispositivos móbiles, así como a identificación de correos fraudulentos e outras ameazas dixitais cada vez máis frecuentes.
Desde o Concello de Verín anímase ao tecido empresarial local e á cidadanía a participar nesta iniciativa, que contribúe a mellorar a cultura da ciberseguridade e a reducir a vulnerabilidade fronte aos riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da ligazón habilitada pola organización: https://forms.office.com/e/mf34SuWST2.
Esta actividade enmárcase nas accións de divulgación e capacitación dixital promovidas por distintas entidades públicas para favorecer un uso seguro e responsable das ferramentas tecnolóxicas no ámbito empresarial e social.



