
O Concello de Verín abre procesos de contratación temporal para profesorado de Frauta Traveseira e Violín
09/09/2026
O Concello de Verín informa da modificación do percorrido do Rali da Água Transibérico Eurocidade Chaves-Verín 2026, segundo o comunicado oficial emitido pola Eurocidade Chaves-Verín, AECT e a organización da proba.
Segundo recolle o comunicado, a reformulación prodúcese ante a imposibilidade de obter a autorización necesaria da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para utilizar as vías inicialmente previstas en territorio español, unha circunstancia que a organización sinala expresamente como allea á responsabilidade de CAMI Motorsport, da Eurocidade e dos municipios implicados (Verín, Oímbra, Vilardevós e Monterrei).
A organización traballou nas últimas horas na reorganización da proba para garantir a súa celebración cun novo itinerario. Mantense en Verín o reagrupamento e a saída simbólica, prevista para mañá venres, 11 de setembro, ás 17:40 horas desde a Praza Maior.
O novo percorrido, horarios e demais modificacións serán comunicados por CAMI Motorsport, entidade organizadora da proba, unha vez formalmente aprobados.
Achégase o comunicado íntegro da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no que se detallan as circunstancias e modificacións da proba.



