
Verín inaugura a nova temporada de cinema comercial coa proxección de «La bola negra»
14/10/2026
- O Parque da Preguiza acolleu dúas xornadas de gastronomía e bo ambiente, con máis dunha vintena de cervexas e doce postos de alimentación, entre eles catro foodtrucks.
Verín, 15 de outubro de 2026. A sexta edición da Festa da Cervexa de Verín pechou cun balance positivo de participación, cunha afluencia de preto de 5.000 persoas durante os días 10 e 11 de outubro. O Parque da Preguiza converteuse nun espazo de encontro para a veciñanza e as persoas visitantes, cunha proposta que combinou cervexa, gastronomía e música ambiente.
O recinto, aberto de 18:00 a 02:00 horas tanto o sábado como o domingo, ofreceu máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación. Os postos cervexeiros situáronse no interior da carpa principal, mentres que a oferta de alimentación se distribuíu entre as carpas anexas e as catro foodtrucks instaladas no exterior. A resposta do público reafirma o arraigamento desta cita no calendario de outono da vila.
A gastronomía foi un dos principais atractivos desta edición, con doce postos que combinaron especialidades tradicionais e propostas internacionais. O público puido degustar salchichas alemás, hamburguesas gourmet e de razas autóctonas, polbo á feira, churrasco, pizzas e opcións veganas, ademais de xamón ibérico, chourizo, criollo e lacón asado.
A selección completouse con elaboracións portuguesas, como pregos, francesinhas e bifanas, e mexicanas, entre elas tacos, quesadillas e burritos. Churros, crepes e xeados achegaron as alternativas doces dunha oferta pensada para diferentes gustos.
O concelleiro de Feiras, Manuel Lorenzo, agradeceu a implicación de todas as persoas que fixeron posible esta edición:
«Grazas ao público por acompañarnos durante toda a fin de semana, aos postos participantes e ao persoal municipal e técnico polo seu traballo. Entre todos fixemos da Preguiza un lugar para compartir e gozar da festa»
Manuel Lorenzo, concelleiro de Feiras do Concello de Verín
A VI Festa da Cervexa en cifras
- Afluencia Preto de 5.000 persoas
- Datas 10 e 11 de outubro
- Lugar Parque da Preguiza
- Horario De 18:00 a 02:00 h
- Cervexas Máis dunha vintena
- Postos 12 de alimentación
- Foodtrucks 4 no exterior
- Edición VI Festa da Cervexa
A oferta gastronómica
Doce postos repartidos entre as carpas anexas e os catro foodtrucks.
Salgado
- Salchichas alemás
- Hamburguesas gourmet
- Razas autóctonas
- Polbo á feira
- Churrasco
- Pizzas
- Opcións veganas
Ibéricos e internacional
- Xamón ibérico
- Chourizo
- Criollo
- Lacón asado
- Pregos
- Francesinhas
- Bifanas
- Tacos
- Quesadillas
- Burritos
Doce
- Churros
- Crepes
- Xeados


