
A Biblioteca de Verín acolle a conferencia “Francisco Fernández del Riego: Galicia no corazón. Letras Galegas 2023”, impartida por Quico Domínguez e María Dolores Cabrera
25/04/2023
Certame de relato curto Antonio Fernández Pérez
28/04/2023Día: venres, 28 de abril
Hora: 11.15 horas
Lugar: Salón de actos da Casa da Cultura
Mañá venres 28 de abril, ás 11:15 horas, presentarase no Salón de Actos da Casa da Cultura a Primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá en Verín.
A Federación Galega de Ciclismo e o Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team organizan , coa colaboración do Concello de Verín, a primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá, que terá lugar nos días 13 e 14 de maio de 2023 no monte Montemaior, en Cabreiroá, Verín (Ourense).
Asistirán:
- Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde do Concello de Verín.
- Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería.
- Representantes da organización do evento.



