
Verín converteuse en epicentro da arte teatral co taller gratuíto de adestramento de clown de Marcelo Katz
05/05/2023
Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023
23/05/2023Dende a área de Mocidade do Concello de Verín organízase o programa deportivo «Escola de Verán 2023» (Convive en Igualdade) e infórmase que a partir de hoxe martes, 23 de maio, ábrese o prazo de inscrición formal. A Escola Deportiva de Verán é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumpre a súa 25ª edición e que está ideada para nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2019.
Os usuarios poderán desfrutar dunha amplo horario da actividade, podendo asistir dende as 08.00 ata as 14.30 horas, todos os días, de luns a venres. Do mesmo xeito, con arranxo a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, así como poder ofrecer unha alternativa completa para o período vacacional dos máis pequenos, a duración da actividade abrangue todo o período de descanso estival na escola. Esto é, dende o 22 de xuño ata o 8 de setembro.
Respecto á tipoloxía das actividades da «Escola de Verán», desenvolverase o tradicional programa baseado en xogos coeducativos de igualdade e actividades deportivas variadas, salpicado doutras actividades complementarias como cine, teatro, obradoiros, piscina, bailes e actividades propias de ocio e recreación. O repertorio complementarase con diferentes eventos (torneos deportivos especiais), saídas pola contorna de Verín e así como varias actividades de gran envergadura para celebrar as bodas de prata da Escola de Verán e configurar así un verán motivador e dinámico.
As diferentes modalidades de participación da Escola de Verán son as seguintes:
Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres) *
Idades: 4 a 14 anos.
Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.
Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres) *
Idades: 7 a 14 anos.
Lugar: Preferentemente no Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) *
Idades: 4 a 14 anos.
Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.
Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) *



