
Verín recibirá as XLI Xornadas de Folclore cunha viaxe pola música e a danza tradicional de Armenia, México e Senegal
11/08/2026
Devolución do saldo das pulseiras da XIX Feira do Viño de Monterrei
13/08/2026
Verín, 12 de agosto de 2026.- A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro venres, 14 de agosto, a Verín, nunha nova xornada destinada a facilitar a doazón de sangue entre a veciñanza e visitantes. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Verín.
A unidade estará instalada na Praza García Barbón (Praza Maior) e atenderá ás persoas doadoras en horario de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
Baixo o lema «Este verán, doa sangue», a campaña busca lembrar a importancia de manter as doazóns tamén durante os meses estivais e anima á cidadanía a colaborar cun xesto solidario fundamental para atender as necesidades asistenciais.
Desde ADOS lémbrase que as persoas que desexen doar deben acudir despois de almorzar e, no caso de facelo despois de xantar, agardar polo menos dúas horas. Tamén será necesario presentar o DNI ou outro documento identificativo similar.
Así mesmo, as persoas que estean tomando algún medicamento deberán comunicalo ao persoal médico antes da doazón e recoméndase evitar comidas copiosas previamente.
O Concello de Verín anima á cidadanía a participar nesta nova xornada de doazón e colaborar cunha iniciativa solidaria que, con só uns minutos do noso tempo, pode contribuír a salvar vidas.
Datos da xornada
Data: venres, 14 de agosto
Lugar: Praza García Barbón (Praza Maior)
Horario: de 10:15 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas
Organiza: Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
Colabora: Concello de Verín



