
O Concello de Verín súmase a un minuto de silencio en lembranza das vítimas do accidente ferroviario de Adamuz
19/01/2026
O Concello de Verín adhírese ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 15 vivendas protexidas
22/01/2026O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 6 de febreiro, ás 18:00 horas.
A orde de colocación no desfile será determinada pola organización. As comparsas ou carrozas que non se inscriban dentro do prazo establecido e se presenten directamente no desfile serán colocadas ao final do mesmo.
INSCRICIÓN
As persoas interesadas en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información Turística de Verín para formalizala.
Tamén poderán realizar a inscrición a través do correo electrónico turismo@verin.gal, enviando os seguintes datos:
Nome e apelidos da persoa representante do grupo:
Nº de teléfono:
Nome da carroza ou comparsa:
Nº de participantes:
Se levan vehículo ou plataforma móbil (indicar medidas):
Se levan música:
Tamén se poderá realizar a inscrición a través do teléfono 988 411 614. O horario da Oficina de Turismo é de luns a venres, de 10:30 a 14:30 h pola mañá e de 16:00 a 18:30 h pola tarde.
DESFILES
Os desfiles iniciaranse na Avenida de Castela nos seguintes horarios:
Domingo 15 de febrero: saída ás 12:00 horas.
Martes 17 de febrero: saída ás 16:30 horas.
As comparsas ou carrozas que participen no desfile deberán estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída para que a organización poida colocalas na súa posición e garantir o comezo puntual. A concentración será na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.
As carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da N-525, chegando ata a rotonda da Casa do Escudo. Se desexan dar a volta, deberán quedar no carril dereito e agardar a que remate o desfile para continuar cara ao seu destino.
É fundamental deixar sempre un carril libre para os vehículos de servizos de emerxencia durante a espera.
RECOMENDACIÓNS
Recoméndase evitar paradas prolongadas para que non se produzan grandes distancias entre os grupos participantes. Sigan sempre á comparsa, carroza ou charanga que teñan diante sen deixar moitos metros de separación.
Os vehículos a motor que non conten co seguro correspondente non estarán cubertos polo seguro do Concello para os desfiles. Neste caso, recoméndase que a carroza ou comparsa contrate o seu propio seguro para o evento.
Os vehículos que fosen modificados para o desfile ou que sirvan para tirar dun remolque adaptado ao evento deberán levar consigo un extintor.



