
Pleno extraordinario – 7 de agosto
07/08/2024
Verín, Clave na Cooperación Galicia-Portugal coa Nova Base Aérea Transfronteiriza contra incendios
13/08/2024- O período de cobranza será desde o 12 de agosto ata o 15 de outubro de 2024
Verín, 8 de agosto de 2024. O Concello de Verín comunica aos contribuíntes e suxeitos pasivos afectados polos conceptos de Auga, Rede de Sumidoiros e Canon de Saneamento que se abre o período voluntario de cobranza correspondente ó 2º Trimestre de 2024. Este período estará en vigor desde o 12 de agosto de 2024 ata o 15 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Durante este prazo, os pagamentos poden realizarse nas oficinas situadas na rúa Canella Cega, Nº 41 en Verín. O horario de atención ao público será de luns a venres, entre as 9:00h e as 13:30h.
É fundamental que os contribuíntes efectúen o pagamento dentro deste prazo para evitar o inicio do período de constrinximento, que implicará a aplicación de xuros de mora e recargas segundo os artigos 26 e 28 da Lei Xeral Tributaria.




