
O Concello de Verín abre a tenda oficial do Entroido 2024
08/02/2024
Aviso importante «Cambio de ubicación do Bautizo de Cigarrón»
10/02/2024

Debido as inclemencias meteorolóxicas realizaránse as seguntes modificacións no que respecta aos actos programados para mañá venres 9 de febreiro:
Os Festicultultores Troupe tocarán acompañados dos carros de compadreo na carpa da praza garcía barbón, a partir das 19:00 horas, no caso de que a choiva o permita, realizarán o percorrido ata a rúa Irmáns Moreno.
Animación musical nas rúas de Verín a cargo da charanga Felga de Maceda (11:00h a 14:00h | 19:00h a 22:00h), do mesmo xeito, o porco ao espeto asarase na praza García Barbón, ás 20:30 horas.
Ao rematar a actuación dos Festicultores, animación musical na praza García Barbón a cargo da Discomóbil Space.
00:30 horas, Orquestra Miramar na praza García Barbón.
Sigamos desfrutando con alegría e entusiasmo, e que nada deteña o noso espírito Entroideiro !!!



