
O Auditorio Municipal de Verín acolle o concerto do pianista Álvaro Sieira
28/02/2023
A Biblioteca de Verín presenta a sexta edición das súas Xornadas de Novela Histórica
03/03/2023O Concello de Verín e a Asociación Verinesa de Amigos da Música veñen de renovar convenio de colaboración coa finalidade de garantir a continuidade deste tradicional colectivo musical de Verín.
No acto da firma do convenio, estiveron presentes o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a presidenta da Asociación Verinesa de Amigos da Música, María Coroa Meixeira Romasanta.
Segundo o citado convenio, o Concello de Verín realizará unha achega de 3.000 euros á Asociación Verinesa de Amigos da Música, a cal comprométese a realizar durante o ano 2023 seis actuacións do Coral de Verín. Estas deberán efectuarse dentro do termo municipal de Verín nas datas e lugares que lle propoña o ente municipal e que sexan de interese para ambas as partes asinantes deste convenio.



