
Extruga na Rúa 2025: Cultura urbana, deporte, música e gastronomía volven tomar as rúas de Verín nun festival gratuíto e aberto a toda a veciñanza
14/07/2025
Acción social destinada á poboación de Verín no marco do proxecto «Eurocidade Termal e da Auga»
18/07/2025Verín 15 de xullo do 2025. O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades destinado á organización da XVIII Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará do 8 ao 10 de agosto.
Este convenio recolle, por escrito, as cuestións das que se fará cargo cada entidade, repetindo así unha sinatura que xa se efectuou en edicións anteriores. Dito convenio de colaboración refírese a aspectos como o montaxe do recinto feiral, actuacións musicais ou publicidade, entre outros.



