
Aberto o prazo de inscrición para participar no Desfile de Entroidos de Interese Turístico en Santiago de Compostela
22/07/2026O Parque da Preguiza converterase nunha gran sala de cine ao aire libre o vindeiro domingo, 2 de agosto, coa proxección da película Rondallas, dentro do programa Cine na Rúa, unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Ourense en colaboración co Concello de Verín.
A sesión dará comezo ás 22:30 horas e forma parte do Circuito Provincial de Cine de Verán, un programa que este ano achega o cine ao aire libre a unha trintena de concellos da provincia co obxectivo de descentralizar a oferta cultural e facilitar o acceso da cidadanía a proxeccións cinematográficas de calidade.
Ademais de fomentar o desfrute do cine en espazos públicos, esta campaña aposta pola promoción do cine galego e das producións ourensás, contribuíndo á cohesión social e enriquecendo a programación cultural e turística dos municipios participantes durante a época estival.
A película elixida para esta edición en Verín é Rondallas, un filme dirixido por Daniel Sánchez Arévalo que chega ao programa como unha das propostas destacadas do panorama cinematográfico actual.
Como complemento á proxección, as persoas asistentes disporán dun servizo de venda de flocos de millo, co que poderán completar a experiencia dunha auténtica noite de cine ao aire libre.




