
La Eurociudad Chaves-Verín inaugura las esculturas que dan la bienvenida al territorio del agua
27/12/2024
Presentado o cartel do Entroido de Verín 2025: «O Noso, Sempre» do artista local Álex Araújo
16/01/2025
Co obxectivo de garantir a seguridade e o desfrute de toda a veciñanza, o Concello de Verín anuncia que a tradicional Cabalgata de Reis se celebrará este sábado, día 4 de xaneiro, en lugar do domingo inicialmente previsto. Esta decisión foi adoptada debido ás previsións meteorolóxicas adversas.
A concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira, explicou que «esta medida busca que a veciñanza poidan gozar da chegada das súas Maxestades de Oriente nas mellores condicións posibles, tendo en conta a actual situación meteorolóxica. A nosa prioridade é a seguridade e que os máis pequenos poidan vivir unha experiencia máxica e sen contratempos.»
A Cabalgata terá lugar conforme ao seguinte programa actualizado:
- Horario de saída: 17:30 h
- Punto de saída: San Lázaro
- Percorrido: Avenida Luis Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno, ata o Pavillón de Deportes.
- Apertura de portas no Pavillón: 17:30 h
Dende o Concello, recoméndase á veciñanza seguir as indicacións dos equipos de Policía Local e Protección Civil para desfrutar dunha cabalgata segura.
No que respecta ao Pavillón de Deportes, lembrarase:
- Manter as escaleiras e corredores libres como vías de evacuación.
- Dispor dun espazo reservado na zona de pista para carros de nenos e nenas e persoas con mobilidade reducida.
- Respectar as quendas, xa que as súas Maxestades atenderán a todas as familias con moita ilusión.
O Concello de Verín agradece a comprensión e colaboración de toda a cidadanía ante este cambio e invita a participar nesta celebración, que promete ser un evento inesquecible para grandes e pequenos.



