
O Auditorio de Verín acollerá o espectáculo infantil “Bibopalula” o vindeiro 21 de xuño
17/06/2025
As piscinas descubertas de Verín abrirán ao público este sábado 21 de xuño
18/06/2025Verín, 17 de xuño de 2025. O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.O mesmo terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
As persoas que superen este curso, de 370 horas, obterán un certificado de profesionalidade que os habilitará para velar pola seguridade dos usuarios de piscinas e instalacións acuáticas, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.
As persoas interesadas en inscribirse ou ampliar información poden facelo a través dos teléfonos 988 41 00 00 e 654 825 395 ou no mail nlaso@bigformacion.com





