
Máis de 170 nenos e nenas celebran o San Fermín na Ludoteca Municipal
07/07/2026- A sesión deu luz verde por unanimidade a medidas que dan continuidade a actuacións e servizos esenciais para o municipio.
O Pleno do Concello de Verín aprobou esta mañá unha modificación de crédito por importe de 956.721,47 euros, destinada a reforzar distintas partidas orzamentarias necesarias para garantir o funcionamento dos servizos municipais. A proposta saíu adiante cos votos favorables dos grupos municipais do PSOE e BNG, mentres que o PP se abstivo.
A modificación de crédito permitirá incrementar a dotación de partidas vinculadas ao funcionamento ordinario do Concello, entre elas as destinadas á pavimentación e conservación de vías públicas, á amortización da débeda municipal, ao funcionamento da Piscina Climatizada e ao mantemento da Casa da Xuventude, financiándose con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais correspondente ao exercicio 2025.
Así mesmo, o Pleno aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos o levantamento do reparo e o correspondente recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 66.585,18 euros, permitindo o aboamento de diversas prestacións xa realizadas e consideradas necesarias para garantir a continuidade dos servizos municipais.
Entre estas obrigas inclúense actuacións relacionadas coa organización da Feira do Viño de Monterrei, gastos xa asumidos polo Consello Regulador da D.O. Monterrei, a inspección técnica da frota municipal, así como subministracións e traballos vinculados á maquinaria de limpeza viaria, servizos todos eles efectivamente prestados ao Concello.
Durante a sesión tamén se deu conta ao Pleno da liquidación do Orzamento correspondente ao exercicio 2025, cumprindo así co procedemento legal establecido para este trámite.



