
Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023
23/05/2023
A Biblioteca de Verín recibe, un ano máis, o premio María Moliner de fomento á lectura
12/07/2023- Os establecementos adheridos a Aever sortearán entradas para o espectáculo que Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio o vindeiro 9 de setembro
- En paralelo, a asociación porá en marcha un ano máis un concurso para premiar aqueles negocios que mellor decoren os seus escaparates con motivos de cinema
Verín, 08 de xullo de 2023.- A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará de novo o desenvolvemento do FIC Vía XIV propoñendo, como en anos anteriores, a posta en marcha dun concurso que inste aos seus establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte.
Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e os establecementos distinguidos polo xurado daranse a coñecer no decurso da semana do certame. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.
Aever e o FIC Vía XIV de Verín anunciarán, con tempo suficiente, as bases desta iniciativa e os prazos nos que se activará para que todos aqueles comerciantes que o desexen poidan participar nela.
Encerrona
Xunto a isto, Aever vai sortear entre todos aqueles que realicen compras na súa rede de establecementos entradas para o espectáculo que o actor Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio na xornada do 9 de setembro, as 20:00 horas: Encerrona.
Para optar a gañar un dos tickets gratuítos que Aever ofrece, só hai que realizar unha compra en calquera dos establecementos da asociación e cubrir unha ficha cos datos de contacto daquel que participa.
O sorteo celebrarase como mínimo unha semana antes da visita de Viyuela a Verín e os tickets poderán ser recollidos nos puntos que a organización do FIC e Aever determinen. Este sorteo terá lugar na sede da Asociación de Empresarios de Verín



