
O concello de Verín presenta máis dunha vintena de proposta variadas para o Lázaro 2024
08/03/2024
A remunicipalización do Servizo de Augas e Saneamento de Verín ofrecerá unha xestión directa «máis sostible e eficiente»
15/03/2024A área de Feiras do Concello de Verín vén de anunciar a primeira edición do concurso gastronómico «Pincha no Lázaro». Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes terán a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Ademais, os participantes optarán a un bono de 100€ para desfrutar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso.
Como funciona?
Poderás recoller a túa papeleta numerada nos restaurantes e bares participantes. As memas entregaranse con cada consumición. O xurado será popular, indicando cada persoa a súa valoración (1 a 5 puntos) do pincho e entregándoa nun buzón que terán á súa disposición todos os locais adheridos ao concurso. O valor do pincho serán 2,50 euros.
Entre todas as papeletas depositadas sortearanse unha cesta de produtos da comarca e un bono de 100 euros para gastar en calquera dos establecementos da hostalería que participaron no primeiro concurso «Pincha no Lázaro» de Verín. O establecemento hostaleiro gañador recibirá un diploma acreditativo de ser campións do primeiro concurso gastronómico do Lázaro. O sorteo terá lugar o domingo 17 de marzo na Feira do Lázaro.

Os Establecementos hostaleiros participantes son os seguintes:
- Alborada – Croquetas Sabores
- Aturuxo – Fabas con gambas e ameixas
- Bar Encontro – Mini hamburguesa Monterrei
- Tapería Gandainas – Cocochas de pescada con ameixas e pataca de Fumaces
- Laluma – Mini burguer de tenreira, chedar, rúcula, tomate, salsa burguer e patacas
- Oasis – Tosta galega (pan do país, lacón, Arzúa e Padrón)
- Regueiro da Cova – Brioche, carrillera eco pemento de Oimbra e salsa de castañas
- Restaurante a Fonte – Macerado de rabo de touro sobre puré de patacas
- Restaurante Brasil – A pera que non é pera
- Restaurante Casa Nela – Albóndegas caseiras
- Ruta 66 – Coxinha Brasileira rechea de polo
- Tapería Támega – Carrillera en salsa de Mencía, base de patacas e cogumelo
- Tapería Rúa Maior – Solombo Rúa Maior



