
AEVER presenta a súa campaña de dinamización do comercio no Nadal
18/12/2024
La Eurociudad Chaves-Verín inaugura las esculturas que dan la bienvenida al territorio del agua
27/12/2024O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
- Aprobación da acta da sesión anterior
- Expediente 3644/2024. FIXACIÓN FESTAS LOCAIS 2025: o 17 de xaneiro (San Antón) e o 5 demarzo (mércores de cinsa)
- Expediente 5865/2024. CONVENIO de planeamento e desenvolvemento do entorno da Igrexade Santa María a Maior coa Diócesis de Ourense para ser incluído no Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Verín
- Expediente 5791/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: ESCOLAS DEPORTIVAS
- Expediente 5794/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: FIC VERÍN
Tras aprobar a acta da anterior sesión, o presidente, Gerardo Seoane Fidalgo, someteu a votación a aprobación das Festas Locais para 2025, quedando aprobados por unanimidade o 17 de xaneiro, festividade de San Antón, e o 5 de marzo, mércores de cinza.
Por outra banda, ratificouse tamén na sesión plenaria, con 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular, o convenio de Plaeamento Desenvolvemento do entorno da Igrexa de Santa María coa Diócese de Ourense. Este proxecto forma parte do Plan Especial de Protección e Reforma do Casco Histórico e inclúe a creación dun novo parque de uso público no interior da mazá, a demolición de edificacións obsoletas e a reordenación de espazos verdes e libres non edificables.
O acordo contempla tamén a cesión de uso de certas parcelas por parte da Diócese de Ourense e a rehabilitación da casa parroquial, garantindo así a preservación do patrimonio histórico e cultural. Ademais, o Concello comprométese a asumir a execución de obras de mellora, demolición e axardinamento, así como a promoción de actividades que revitalicen este emblemático espazo.
Por último, o pleno municipal aprobou, con 12 votos a favor (7 do PSdeG-PSOE e 5 do BNG) e 4 abstencións do Partido Popular, á concesión de dúas subvencións nominativas correspondentes ao exercicio 2024. Unha delas, por importe de 50.000 euros, destínase ás Escolas Deportivas de Verín para o desenvolvemento das súas actividades; mentres que a outra, de 40.000 euros, será asignada á Asociación Vía XIV para apoiar a organización do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, un evento clave na axenda cultural da vila do Támega.



