
O Torneo 3×3 Verín reunirá durante tres días ao fútbol base na Praza García Barbón
16/07/2026As xornadas da XIX Feira do Viño de Monterrei contarán cun amplo programa de actividades, aptas para todas as idades, converténdose os días 7, 8 e 9 nunha cita de obrigada asistencia.
A primeira delas, o sábado 8 de agosto ás 13.00 horas, comezará cun Showcooking con produtos de Experiencias de Calidade “Alquimia Atlántica na cociña de Monterrei 2026” con Begoña Vázquez (Premio mellor cociñeiro de Galicia 2024) e Miguel López (Director Técnico do Consello Regulador do D.O. Monterrei) harmonizado musicalmente con José Manuel Salgado (Profesor do Conservatorio de Música de Verín).
Ese mesmo día, pero xa ás 20.00 horas, levarase a cabo a Cata comentada “Todos os camiños levan a Monterrei. Pasado – Presente – Futuro” coa prestixiosa catadora Mariña Fernández Toro (Membro Agasu. WSET Nivel 3) quen nos levará a través do tempo cos viños da D.O. Monterrei.
Na xornada do domingo 9 de agosto, ás 13.00 horas, comezará o Showcooking con produtos de Experiencias de Calidade “Sabores auténticos: Fusión de conservas ecolóxicas con viños da D.O. Monterrei” con Jose Luis Prieto (Chef e Xerente de O Segredo do Retiro, restaurante con recomendación na Guía Michelin) e Miguel López (Director Técnico do Consello Regulador do D.O. Monterrei) harmonizado musicalmente con José Manuel Salgado (Profesor do Conservatorio de Música de Verín).
Para participar nalgunha destas tres actividades será necesario formalizar a inscrición no correo electrónico info@domonterrei.com, así como abonar 15 euros de cota de participación. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de inscrición. As mesmas realizaranse no espazo de showcooking situado no parque da Alameda.
Doutra banda, e xa para o público infantil, durante as xornadas do 8 e 9 de agosto, o interior da Alameda tamén servirá de escenario para a realización de xogos populares como 3 en raia, tangram ou ra, entre outros. Será entre as 20.00 e 22.00 horas, na zona sur do parque, e non é necesaria a inscrición previa.



