
Verín acolle a presentación das obras de Bruno Rúa sobre o patrimonio relixioso da Tamagania
07/04/2026O Concello de Verín colaborará este 25 de abril na celebración dunha intensa xornada dedicada ao boxeo coa organización do I Open de Boxeo Verín e da II xornada da Liga Galega de Formas, xunto coas categorías Schoolboyse Schoolgirls.
A cita reunirá en Verín a boxeadores e boxeadoras de diferentes idades e niveis, convertendo a vila nun referente do boxeo galego durante unha xornada que combinará competición, formación técnica e convivencia deportiva. A iniciativa busca seguir impulsando esta disciplina no municipio, ao tempo que promove valores como o respecto, a unión, o compañeirismo e a deportividade.
O programa desenvolverase en distintas sesións ao longo do día. Na sesión de mañá disputaranse as probas correspondentes ás categorías Junior e Xóvenes, así como a II xornada da Liga Galega de Formas e as competicións de Schoolboys e Schoolgirls, centradas especialmente na formación técnica e no desenvolvemento das novas promesas do boxeo.
Xa pola tarde será a quenda do I Open de Boxeo Verín nas categorías Senior e Élite, cun formato orientado a un maior nivel competitivo e no que se recoñecerá o esforzo e a dedicación das persoas participantes mediante a entrega de trofeos e medallas.
Desde o Concello de Verín valórase moi positivamente a celebración deste tipo de eventos, que contribúen a dinamizar a actividade deportiva local, fomentan a práctica do deporte entre a mocidade e proxectan a imaxe de Verín como sede capaz de acoller citas deportivas de relevancia no ámbito galego.
A organización destacou ademais que esta xornada nace coa vontade de consolidarse no calendario deportivo e medrar en futuras edicións, favorecendo o desenvolvemento do boxeo na comarca e reforzando o papel de Verín como unha das vilas con proxección neste ámbito.
Desde a organización tamén se quixo expresar un agradecemento especial aos patrocinadores oficiais: Luans, Tesla Ascensores, Petronor Cualedro, Concello de Verín, Federación Galega de Boxeo, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia, cuxo apoio resultou fundamental para facer posible esta iniciativa.
Do mesmo xeito, recoñécese a colaboración doutros patrocinadores e entidades como Tatiana Estética e Casa do Pulpo, así como de todas aquelas persoas e entidades que contribúen de maneira directa ou privada ao impulso deste proxecto deportivo.
Desde o Concello de Verín anímase á veciñanza e á comarca a asistir e apoiar esta xornada de boxeo, que converterá a vila nun escaparate do talento deportivo e do traballo de base que se está a desenvolver arredor desta disciplina.



