
O Concello de Verín impulsa a dinamización económica e deportiva na Raia co seu apoio á primeira edición do Circuíto da Auga
02/03/2026
O Centro de Información á Muller (C.I.M.) da Mancomunidade de Verín organiza, en colaboración co CDR Portas Abertas, Cruz Vermella e Femuro o acto público con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, que terá lugar o vindeiro domingo 8 de marzo ás 12:00 horas fronte ao Concello de Verín.
A iniciativa pretende converter este espazo nun punto de encontro para a reflexión e a reivindicación, aberto á participación da veciñanza e das institucións da comarca, co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres e seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Este ano, a campaña de difusión foi deseñada baixo o lema “Nós, as mulleres”, unha mensaxe que busca representar a amizade, a sororidade e o apoio mutuo entre mulleres, así como a defensa dos seus dereitos e a visibilidade das mulleres da comarca de Verín.
Desde o C.I.M. da Mancomunidade de Verín convídase á cidadanía a participar neste acto simbólico, reafirmando o compromiso colectivo coa igualdade e co recoñecemento do papel fundamental das mulleres na sociedade.



