
A careta do Obradoiro do Cigarrón completa o aforo e mantense aberta a inscrición para a confección do traxe
23/09/2026
- A cita terá lugar o 3 de outubro no Auditorio Municipal, en colaboración co OUFF e co Conservatorio Profesional de Música de Verín. As entradas solidarias terán un prezo de 10 euros, destinados a colaborar con cinco entidades sociais.
Verín, 23 de setembro de 2026. O Auditorio Municipal de Verín acollerá o vindeiro 3 de outubro un concerto da Sinfónica Cinematográfica do OUFF dedicado á música composta por Howard Shore para a triloxía de El señor de los anillos. A proposta, realizada en colaboración co Festival de Cine OUFF · Ourense e co Conservatorio Profesional de Música de Verín, combinará música de cinema en directo e solidariedade.
Baixo a dirección de José Luis Tielas, a Xove Orquesta Ourensanía actuará acompañada dun gran coro para achegar ao público o universo musical da obra de J. R. R. Tolkien levada ao cinema. O programa ofrecerá un percorrido por temas emblemáticos das películas, entre eles o prólogo, May It Be, de Enya, e The Evenstar, e incluirá tamén música de O Hobbit.
A actuación comezará cunha lectura interpretada que introducirá as persoas asistentes na narrativa épica da obra, como antesala da interpretación sinfónica.
O concerto terá, ademais, unha finalidade solidaria. As entradas terán un custo de 10 euros e a recadación destinarase a colaborar coa Asociación Contra o Cancro, Cruz Vermella, CDR Portas Abertas, Cáritas e FEMURO.
As entradas estarán dispoñibles no Auditorio Municipal de Verín, en horario de 17:00 a 21:00 horas, así como nas propias sedes das entidades beneficiarias.
A cita de Verín forma parte dos dous concertos da Sinfónica Cinematográfica do OUFF, cunha primeira actuación prevista no Auditorio de Ourense o 26 de setembro, no que xa están esgotadas todas as localidades. Ambas as propostas intégranse na programación da 31ª edición do festival, que se celebrará entre o 25 de setembro e o 4 de outubro, e que incorpora esta experiencia para conectar o cinema, a literatura e a música sinfónica.
Datos do concerto
- Data Sábado 3 de outubro
- Hora 20:00 h
- Lugar Auditorio Municipal de Verín
- Entrada 10 € solidarios
- Dirección José Luis Tielas
- Intérpretes Xove Orquesta Ourensanía e coro
- Programa Música de Howard Shore
- Fin solidario 5 entidades sociais


