
O Pleno formaliza a substitución dos catro concelleiros do PP tras as renuncias dos seus anteriores representantes
22/09/2026
Verín acollerá un concerto sinfónico solidario dedicado á música de «El señor de los anillos»
23/09/2026
A elaboración da careta do Obradoiro do Cigarrón 2026-2027 completou xa o seu aforo, mentres que a confección do traxe mantén prazas dispoñibles. O prazo de inscrición continúa aberto ata o venres 2 de outubro para quen queira participar nesta segunda modalidade.
O prazo de inscrición abriuse esta mesma mañá e a boa acollida da convocatoria esgotou nas primeiras horas as 24 prazas previstas para a talla e montaxe da careta, unha das partes máis demandadas do obradoiro.
Seguen dispoñibles prazas para a confección do traxe, a modalidade que abrangue as labores de costura, calceta e gancho. As persoas interesadas deberán contar con coñecementos de confección con máquina e achegar a súa propia máquina de coser ás sesións, ademais de coñecementos de punto con agulla de calcetar e de tecido con agulla de gancho.
As actividades comezarán o 5 de outubro na Casa da Xuventude e desenvolveranse nunha sesión semanal, entre o luns e o xoves, na franxa das 16:00 ás 19:30 horas, ata completar os obxectivos fixados ao inicio do curso e sempre antes do Xoves de Compadres de 2027.
Promovido polo Concello desde 1997, o Obradoiro do Cigarrón ten como obxectivo preservar as formas tradicionais da máscara máis representativa do Entroido de Verín e transmitir os saberes artesanais vinculados á súa elaboración.
Estado das inscricións
Situación a 23 de setembro de 2026.
Elaboración da careta
Aforo completo As 24 prazas previstas están cubertas.Confección do traxe
Prazas dispoñibles Inscrición aberta ata o 2 de outubro ás 14:00 h · 85 €Datos da modalidade aberta
- Prazo Ata o 2 de outubro, 14:00 h
- Inicio 5 de outubro
- Prezo 85 €
- Requisitos Máquina de coser propia
Como inscribirse na confección do traxe
Cómpre achegar o formulario correspondente cuberto xunto co xustificante de ingreso de 85 €.


