
Verín celebra os Maios cun amplo programa cultural, social e literario
23/04/2026
O pleno de Verín aproba por unanimidade a exención de taxas para residencias de maiores sen ánimo de lucro
24/04/2026O Concello de Verín acollerá as finais da Copa Deputación Ourense 2026 de fútbol base, tanto na modalidade de fútbol 11 como de fútbol 8, consolidándose como un referente na organización de eventos deportivos de ámbito provincial.
A presentación oficial da sede tivo lugar no recentemente renovado Campo Municipal de A Granxa, nun acto no que participaron o tenente alcalde de Verín, Diego Lourenzo; o deputado provincial, José María Lago; o delegado da Real Federación Galega de Fútbol en Ourense, Raúl Rois; e o presidente do EDC Verín, Daniel Aguirre.
As finais disputaranse os días 31 de maio e 23 de xuño de 2026, reunindo aos mellores equipos da provincia nas distintas categorías de base.
A elección de Verín como sede responde a unha dobre razón. Por unha banda, á vontade institucional de apoiar á comarca tras a situación vivida polos incendios; e por outra, á dispoñibilidade dun espazo deportivo totalmente renovado, cunha superficie de última xeración, que garante as mellores condicións para o desenvolvemento da competición.
Neste sentido, cómpre salientar que o Concello de Verín realizou un investimento municipal de máis de 171.000 euros na mellora das instalacións deportivas de A Granxa, co obxectivo de ofrecer infraestruturas modernas, accesibles e de calidade para o deporte base. Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso co fomento do deporte e coa promoción de eventos que contribúan á dinamización social e económica do municipio.



